Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UN RAPOSO NO LOUSADO SEGUNDO CLASIFICADO NA CATEGORÍA EUROPEA DO V CONCURSO INTERNACIONAL DE FOTOTRAMPEO

ANABAM participou con tres imaxes en dito concurso, quedando a fotografía dun raposo na Serra do Argallo ou do Lousado clasificada en segundo lugar na categoría Europea

O obxectivo principal é afondar no coñecemento da fauna do Baixo Miño, especialmente na orde dos mamíferos carnívoros presentes na comarca.

Fecha: 02 de Marzo de 2015

Fuente: Fototrampeo Baixo Miño

Un raposo no Lousado segundo clasificado na categoría Europea do V Concurso Internacional de Fototrampeo

A Red fox in Lousado mountains second place in the European category from V Concurso Internacional de Fototrampeo

A web de venda de equipos para a observación de fauna fototrampeo.es convocou neste 2014-2015 o V Concurso Internacional de Fototrampeo. ANABAM participou con tres imaxes en dito concurso, quedando a fotografía dun raposo na Serra do Argallo ou do Lousado clasificada en segundo lugar na categoría Europea.

The web site that sells faunal observation material fototrampeo.es, convened in 2014-2015 the V Concurso Internacional de Fototrampeo. ANABAM took part in the contest with three images, the Red fox photography in the Lousado or Argallo mountains being the second position in the European category.

rapobm

O PROXECTO

FOTOTRAMPEO BAIXO MIÑO é un proxecto posto en marcha por ANABAM con fondos da propia asociación. O obxectivo principal é afondar no coñecemento da fauna do Baixo Miño, especialmente na orde dos mamíferos carnívoros presentes na comarca.  Para logralo estableceuse unha rede de case 400 puntos de mostraxe que serán cubertos ao longo dun ano, dende a primavera de 2014 ata a de 2015.

THE PROJECT

FOTOTRAMPEO BAIXO MIÑO is a project developed by ANABAM with the own resources of the association. The main objective is a deeper understanding of the Baixo Miño’s fauna, particularly carnivore mammal’s occurring in the region.  For achieve the objective we set a net of 400 sampled points to cover in one year, since spring 2014 to spring 2015.

ANTECEDENTES DA IMAXE

O aumento, en número e intensidade, de grandes incendios forestais é unha das maiores problemáticas á que nos enfrontamos no eido da conservación. Neste senso, no verán de 2013 un gran incendio afectou a Oia e a O Rosal calcinando unha superficie dunhas 1.850 hectáreas de monte, reducindo a cinzas do 6% da comarca.

IMAGE BACKGROUND

Increasing number and intensity of big wild fires, is one of the major conservation threats. In regard to this, in August 2013 a big wild fire affected Oia and O Rosal councils, burning about 1.850 hectares of woods, 6% of the total region territory.

A IMAXE

En novembro de 2014 instalamos un dos equipos de fototrampeo nunha das cuadrículas arrasas polo lume pouco máis dun ano antes.

Dende a localización da cámara, na cabeceira do val do Tamuxe,  se abre unha paisaxe desolada e que pouco a pouco vai recobrando o verdor:

Cómo consegue sobrevivir a fauna no medio de case 2000 hectáreas arrasadas polo lume?

Cómo se recupera a fauna a medida que nova vexetación brota nas ladeiras destes montes?

Canto tempo tardará en recuperarse o equilibrio ecolóxico?

Estas son algunhas das preguntas que grazas a información aportada polos equipos de fototrampeo poderemos obter co paso dos anos.

A pouco máis de 100 metros da localización da cámara, o cadáver dun cabalo afogado nun depósito de auga foi arroxado ladeira baixo. 150 kg de carne que atraen á fauna nun terreo escaso de recursos. Entre as capturas o raposo protagonista da imaxe, pero tamén a presenza de garduña (Martes foina) outra das especies que con frecuencia é rexistrada polos equipos de fototrampeo.

THE IMAGE

In November 2014 we install a camera trap in one of the burned grids one year before.

From the camera location, in the head of Tamuxe River, a desolate landscape the vegetation is slowly recovering:

How can the fauna survive in almost 2000 burned hectares?

How is the fauna recovering after that fire?

How long will take to recover the ecological balance?

These are some of the questions that we will be able to answer thanks to camera trap methods.

About one hundred meters from the camera location, the cadaver of a drowned horse in a water tank, was thrown downhill. 150 kg of meat which attract the wildlife in a scarce resources land.  Between the obtained pictures the cameras recorded the Red fox and Stone marten (Martes foina), another common  carnivore species the region.

map wild fire

Comarca do Baixo Miño dividida en cuadrículas de 1×1 km2 e terreo arrasado polo lume en 2013 (gris). A localización da cámara ven sinalada polo punto vermello.

Baixo Miño region divided in 1×1 km2 grid and burned ground in 2013 (grey). Cam location is signaled by the red point.

OBXECTIVO CUMPRIDO

O obxectivo plantexado á hora de presentarnos a este concurso era dobre: por unha banda promover o proxecto “Fototrampeo Baixo Miño” e por outra conseguir un novo equipo de fototrampeo, premio para o primeiro clasificado.

Aínda que non foi posible quedar en primeiro lugar consideramos un éxito a cantidade de xente que colaborou votando á imaxe (1.489 votos).

Agradecemos dende estas liñas a todas as persoas que colaboraron co proxecto votando e compartindo a imaxe.

OBJECTIVE ACHIEVED

The stated objectives were: promote the “Fototrampeo Baixo Miño” project and get a new camera trap, the prize for the winner.

The picture didn’t get the first place but we considered a success the big amount of votes (1.489 votes) obtained.

With these lines we thank to everybody that collaborated with the project voting and sharing the image.

vulpes vulpes anabam

raposo teton anabam

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Visita guiada por Tui y su catedral