Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Xunta, Deputación e o Concello do Rosal buscan solucións para evitar o acceso de gando ó Vial A Guarda-Goian

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que se instalarán tres pasos canadenses nas saídas dos camiños

As tres institucións tamén estudarán a posibilidade de colocar un valado con postes metálicos e malla

Fecha: 22 de Marzo de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo na mañá deste martes unha reunión no concello do Rosal co alcalde desta localidade, Jesús María Fernández, e o deputado de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez, co obxectivo de analizar as solucións para evitar o acceso de gando á CG-4.2 e mellorar a seguridade viaria nesta estrada.





Esta reunión prodúcese despois dos accidentes ocorridos o pasado febreiro cando varios cabalos accederon á CG-4.2, a estrada de alta velocidade que enlaza A Guarda e Tui, chocando con varios vehículos.

Segundo se destacou na reunión mantida hoxe, os cabalos baixan en manada dende os montes de Oia, Tomiño e O Rosal cara ao entorno do río onde pastan. Para chegar ata esta zona, cruzan o vial da Deputación que enlaza coa CG-4.2, o que provoca que algúns acaben accedendo a esta estrada de alta capacidade.

Como primeira medida, acordouse instalar tres pasos canadenses nas saídas dos camiños que conectan coa estrada provincial. "Outra posibilidade que tamén contemplamos é a de instalar un valado con postes metálicos e unha malla, de cara a que non salten á estrada da Deputación", explicou Cores Tourís.

Outra das medidas de seguridade viaria que se puxeron sobre a mesa é a construción dunha senda que enlace os núcleos de Tabagón con Valdemiñotos, cun tramo que transcorrería pola estrada provincial e outro pola autonómica.

A execución desta obra, que permitiría garantir a seguridade viaria de peóns, será avaliada polos técnicos da Xunta, concello e Deputación, e serviría tamén para dar continuidade a que xa existe neste entorno.

O alcalde do Rosal, pola súa banda, apuntou a que esta obra podería ser sufragada polas tres administracións a través da firma dun convenio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí