Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Xunta e goberno portugués colaboran na solta de 6.000 esguíns de salmón no Miño

A iniciativa enmárcase no programa Migramiño co que ambas administracións buscan mellorar a conservación do salmón atlántico no tramo internacional do río

Debido á seca hidrolóxica que afectou a Galicia o pasado outono, decidiuse aprazar esta intervención ata a primavera

Fecha: 05 de Mayo de 2018

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF) soltaron esta mañá 6.000 exemplares de xuvenís de salmón no tramo internacional do Miño co obxectivo de mellorar o estado de conservación do salmón atlántico no río. Esta nova acción entre a Xunta e o Goberno portugués forma parte do proxecto de cooperación transfronteiriza Migramiño, liderado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural e que busca a protección e conservación de peixes migradores no tramo internacional do Miño e nos seus afluentes.

Técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e do Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas soltaron os exemplares desde a Comandancia Naval de Tui, en colaboración coas armadas de España e Portugal.A solta de salmóns realizada hoxe encádrase nunha das actividades deste proxecto, concretamente na de reforzo e mellora das poboacións de peixes migradores. Debido á seca que afectou a Galicia este outono non se puideron facer soltas nos afluentes de ambas marxes, polo que Patrimonio Natural e o ICNF decidiron aprazar as soltas ata a primavera e soltar os xuvenís na fase de esguín, xusto antes da súa migración cara ao mar.

A solta dos 6.000 esguíns realizouse desde a Comandancia Naval de Tui e durante o proceso, os técnicos galegos e portugueses contaron coa colaboración das armadas portuguesa e española.

Programa de recuperación desde a década dos 90
O río Miño representa na actualidade o límite da distribución sur do salmón atlántico en Europa. Desde finais dos anos 90 ata hoxe, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén desenvolvendo un programa de recuperación do salmón atlántico nos ríos galegos, entre os que se atopa o Miño.

Estas actuacións céntranse na mellora da accesibilidade, o control da pesca e a mellora das poboacións mediante a introdución de reprodutores autóctonos. Nestes momentos o río Tea, principal afluente do Baixo Miño na marxe galega, e o río Mouro, que é o afluente da marxe portuguesa, representan as únicas zonas de reprodución e cría natural do salmón atlántico na bacía do río Miño, xunto a algunhas áreas do curso principal.

Recentemente comezou a funcionar unha estación de captura na presa de Frieira, que é a primeira barreira infranqueable do curso principal do Miño. Desde entón, captúranse xuvenís de anguía e reprodutores de salmón para trasladalos á piscifactoría de Carballedo para a súa reprodución artificial e a cría da súa descendencia. Deste xeito formouse un stock de salmóns procedentes na súa orixe do Miño para o reforzo das poboacións neste río.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones