Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

15 Pesetas por Frete foi seleccionado na XI Muestra de Cine Europeo Ciudad de Segovia

A xente do pobo involucrouse co audiovisual para vestirse tanto de arraianas como de freteiros e así mostrar a súa historia ao mundo

Unha persecución, unha cola de racionamento ou un desembarco son algunhas das ficcións que poderemos ver neste documental.

Fecha: 15 de Noviembre de 2016

Fuente: Brais Martínez

"15 Pesetas por Frete” foi seleccionado na XI edición do MUCES (Muestra de Cine Europeo Ciudad de Segovia). Dentro da categoría de Cine Documental, será proxectado este domingo, 20 de novembro de 2016, no Museo de Arte Contemporánea de Segovia.

A Mostra de Cine Europeo Cidade de Segovia é un certame cinematográfico de carácter anual que posibilita ó gran público o conocemento do cine europeo de calidade, sirve como punto de encontro a profesionais do cine en todas as súas facetas (directores, realizadores, críticos....).  Nestes últimos anos, convertiuse nun dos festivais de cine europeo por excelencia, ó ofrecer na súa Sección Oficial películas de gran calidade non estreadas comercialmente en territorio español e recoñecidas por premios internacionais. O certame ten dende o seu nacemento unha dimensión internacional e este ano 2016 chega a súa XI edición, que se desenvolverá do 16 ó 22 de novembro, nas numerosas sedes de Segovia. O documental nace baixo a dirección de Estefanía Alonso, procedente do propio pobo, quen viviu rodeada de historias sobre o contrabando toda a súa vida. De aí o título do documental, “15 Pesetas por Frete”, cantidade que lle pagaban ao seu avó.

Este proxecto nace en outubro de 2015, con motivo do proxecto de final de ciclo, o grupo de doce alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo aventurouse a mostrar cómo se vivía o contrabando na época de posguerra no Baixo Río Miño, máis concretamente na zona de Camposancos. Pouco despois, comezan as gravacións dunha serie de entrevistas a diferentes personalidades relacionadas co pobo e a súa historia. Puntos de vista moi diferentes móstrannos como se vivía o contrabando daquela época. Para acompañar a estas entrevistas graváronse  na zona de A Pasaxe e A Lamiña unha serie de recreacións. A xente do pobo involucrouse co audiovisual para vestirse tanto de arraianas como de freteiros e así mostrar a súa historia ao mundo. Unha persecución, unha cola de racionamento ou un desembarco son algunhas das ficcións que poderemos ver neste documental.

ENLACES DE INTERÉS:

-Páxina oficial MUCES: http://muces.es/

-Programa MUCES 2016: http://www.muces.es/pdf/muces2016/muces_programa2016.pdf

-Tráiler do documental en youtube:

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Rellene todos los campos del siguiente formulario y escriba en el cuadro habilitado las letras y/o números que salen en la imagen para contactar de manera más rápida y segura, y así poder resolver sus cuestiones.

    Gracias por su confianza en Infomiño Noticias Baixo Miño