Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

24 deseños para escoller a nova ponte peonil que unirá as beiras do Miño entre Tomiño e Cerveira

O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez cualificou de -moi positiva- a reunión do comité técnico asesor celebrada hoxe

Na reunión celebrada hoxe analizáronse os problemas e virtudes dos 24 deseños

Fecha: 12 de Enero de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O xurado cualificador e o comité técnico asesor do concurso de ideas para a nova ponte peonil entre Tomiño e Vilanova de Cerveira visitará o próximo venres 19 ‘in situ' o treito do río no que se instalará o futuro viaduto. Así o manifestou hoxe o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez na que foi a primeira reunión de traballo celebrada na Deputación de Pontevedra, e na que se analizaron as 24 propostas admitidas no concurso de ideas.

A intención da visita, segundo Benítez, é que todos os membros do xurado e do comité de asesores poidan coñecer en persoa o espazo natural e patrimonial no que se integrará a ponte se aínda non o visitaran persoalmente con anterioridade. O encontro está organizado polo Concello de Tomiño e a Câmara de Vila Nova de Cerveira, e incluirá o cruce en barco da canle do río para dispoñer de todas as perspectivas posibles de cada unha das propostas.

Os membros do xurado e do comité técnico asesor celebraron hoxe a súa primeira reunión de traballo, na que se analizaron os problemas e virtudes dos 24 deseños presentados tendo en conta cuestións de mobilidade, medio ambiente, patrimonio e navegabilidade, entre outras, ademais de valorar a súa executabilidade na realidade. Neste sentido, o xurado terá que seguir a traballar de xeito particular e analizar individualmente cada proposta. Será na seguinte reunión oficial, o 1 de febreiro, cando se poñan todas as aportacións individuais en común, se pase a puntuar de xeito oficial cada proposta, e se faga unha criba que finalizará coas tres ideas gañadoras e unha en reserva.


No xurado, conformado de xeito internacional, hai representatividade das escolas técnicas, colexios oficiais e administracións con competencias e intereses na ponte de ambos lados do río. No día de hoxe reuníronse representantes da Deputación; dos dous concellos afectados; do Colexio de Arquitectos de Galicia; do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Portos e Canais; da Ordem dos Engenheiros; da Ordem dos Arquitectos, así como da Dirección Xeral de Patrimonio Natural; da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo; da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural; e da Capitanía do Porto de Caminha; entre outros. Todos eles terán que facer aportacións e suxestións particulares en función de competencias, para facilitar despois, no momento da consecución de permisos, a tramitación e autorización da obra.


Como xa se anunciara, os deseños presentados polos aspirantes son moi diferentes entre si: hai estruturas atirantadas, pontes colgantes, taboleiros simples instalados en pilares sobre o río, percorridos redondeados, rectos ou en zig-zag, de todo tipo de materiais, e cun obxectivo común: todos eles conforman miradoiros para gozar da paisaxe.


A redacción do deseño da nova ponte peonil e ciclista sobre o Miño está encadrada no proxecto VISIT_RIO_MINHO presentado á primeira convocatoria do Programa Operativo España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Interreg V-A, nunha candidatura conxunta liderada pola Deputación de Pontevedra coa CIM Alto Minho, os concellos do norte de Portugal, a Fundación CEER, o Centro Tecnolóxico do Mar e a Universidade de Vigo. Este proxecto obtivo un cofinanciamento do 75% de fondos FEDER no marco da referida convocatoria do POCTEP 2014-2020 Interreg V A, cun orzamento total aprobado de dous millóns de euros, cunha achega da Unión Europea que ascende a 1.500.000 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones