Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

A AECT PUBLICA A PRIMEIRA CONVOCATORIA DO PROGRAMA -IACOBUS- PARA FORMACIÓN PROFESIONAL

O Programa está destinado a desenvolver un sistema de intercambio transfronteirizo de profesores de Centros Públicos de FP da Eurorrexión

Os formularios de solicitude atópanse na web da GNP-AECT (www.gnpaect.eu), e deberán enviarse por correo certificado antes do 1 de xuño de 2015

Fecha: 25 de Mayo de 2015

Fuente: www.xunta.es

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia- Norte de Portugal publica a primeira convocatoria do Programa Iacobus para Formación Profesional, o Iacobus-FP, destinado a desenvolver un sistema de intercambio transfronteirizo de profesores, entre Centros Públicos de Formación Profesional da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, para a posta en común de actividades formativas, investigadoras e divulgativas.

O programa "Iacobus Formación Profesional (Iacobus-FP)" é un Programa de cooperación cultural, científica e pedagóxica que xorde coa intención de dar continuidade á configuración dun espazo de integración interrexional entre as institucións formativas da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal. Está enfocado aos Centros Públicos de Formación Profesional de Galicia e do Norte de Portugal.

Este programa é unha das prioridades definidas no PIC - Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión, sendo impulsado pola Comunidade de Traballo Galicia - Norte de Portugal, e contando co apoio da Unión Europea, quen contribúe ao seu financiamento a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España -Portugal (POCTEP).

O Programa IACOBUS-FP dispón de unha única modalidade de pagamento para aboar os gastos de desprazamento e estadía que será de 600 euros para unha única semana de estancia no centro de destino. As estadías da 1ª convocatoria do Programa IACOBUS-FP deberánse levar a cabo dende o 22 de xuño de 2015 ata o 30 de setembro de 2015.

Os formularios de solicitude atópanse na web da GNP-AECT (www.gnpaect.eu ). Deberán enviarse por correo certificado antes do 1 de xuño de 2015 (data do cuño postal) á sede da GNP-AECT (Rúa Eduardo Cabello, s/n. Edificio CETMAR, 2ª planta. 36208-Bouzas, Vigo (Pontevedra). España).

Requisitos dos solicitantes
Poden optar a participar neste programa os profesores dos Centros Públicos de Formación Profesional da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que teñan contrato en vigor durante o período de realización do intercambio, así como condicións de poder traballar no país no que se solicita a estadía. Este persoal debe desempeñar as súas funcións nalgún dos centros públicos nos que se impartan ensinanzas de Formación Profesional radicados no territorio da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí