Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A AECT Río Miño constitúe a súa asemblea xeral e comeza a traballar no seu plan de actividades para o 2018

O director da agrupación, Uxío Benítez, adiantou que este participarase en novas candidaturas con fondos europeos

O director da agrupación, Uxío Benítez, adiantou que este participarase en novas candidaturas con fondos europeos

Fecha: 07 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño, constituíu hoxe a súa asemblea xeral, nun acto celebrado na sé da agrupación en Valença e presidido pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o presidente da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, José María Costa; e o novo director da Agrupación, o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez.

A celebración comezou coa toma de posesión dos integrantes da mesa, composta por vinte alcaldes e alcaldesas de Galiza e Portugal. En representación da franxa galega foron nomeados como delegados os rexedores e rexedoras dos concello de Arbo, As Neves, Salvaterra do Miño, Tui, Salceda de Caselas, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Ponteareas e O Porriño. No referente ao territorio portugués, tomaron posesión os dez concellos que forman parte da CIM Alto Minho: Arcos de Valdevez, Monçao, Melgaço, Valença, Vilanova da Cerveira, Paredes de Coura, Ponte de Lima, Ponte da Barca e Viana do Castelo.

Como presidente da mesa da asemblea resultou elixido o alcalde de Viana do Castelo e presidente do CIM Alto Minho, José María Costa, e pola súa parte, Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas, foi designado como secretario, cargo que ambos ostentarán durante os próximos dous anos.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou na constitución da asemblea da AECT Río Miño que "o mundo e os territorios soamente se cambian con xente que ten a forza e convicción de crer que se pode facer. Esta AECT nace porque hai moitas alcaldesas e alcaldes, moitas presidentas e presidentes de Cámaras Municipais, que cren nas potencialidades do seu territorio, que saben cales son as súas necesidades, e están dispostas e dispostos a construílo".

Neste contexto, Silva amosou a súa satisfacción porque as persoas integrantes da Agrupación "vimos do mundo local e sabemos que neste mundo global o local xoga un papel fundamental para o desenvolvemento do territorio, pero tamén dos dereitos que a cidadanía debe ter e os servizos que se precisan para dar resposta ás súas demandas". Para acadar estes obxectivos, a presidenta provincial destacou a necesidade de que o local ocupe maior espazo e xogue un papel na xestión e definición dos fondos europeos. "Ata o de agora as decisións están moi centralizadas nos estados e o local xoga moi pouco papel cando, sen embargo, somos nós quen damos resposta ás políticas de proximidade e de desenvolvemento do futuro", asegurou a presidenta da Deputación.

Sobre a AECT Carmela Silva destacou o importante papel que desenvolve para "conseguir que se escoite ao mundo local tanto en Portugal como en España e para promover de xeito intelixente o territorio". Neste eido, a presidenta provincial avanzou que neste mesmo mes de xuño a FEMP vai organizar en Pontevedra unha reunión do Norte de Portugal e Galicia para reflexionar sobre os novos retos do mundo local e a necesidade dun maior protagonismo para o municipalismo.

Plan de actividades 2018
O director da AECT Río Miño e deputado de Cooperación Tranfronteiriza, Uxío Benítez, explicou que a constitución da asemblea da agrupación foi "o último paso na formalización do esquema da AECT, e que partir deste momento comeza o traballo de desenvolvemento do plan de actividades para o 2018".

Uxío Benítez sinalou que "este será un ano de transición dalgunhas das responsabilidades de xestión e seguimento de proxectos e expedientes ata agora asumidos pola xa desaparecida Uniminho". Así mesmo, o deputado provincial adiantou que "entre as actuacións máis relevantes que afrontará a AECT nos próximos meses estará a consolidación institucional da agrupación na rexión, a promoción da coordinación dos proxectos transfronteirizos Smart Minho e Visit Rio Minho ou a promoción e a participación en novas candidaturas con financiamento europeo".

A AECT Río Miño nace co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento e reforzar a cohesión económica e social do seu territorio. Ten como atribucións articular o espazo común, promover as relacións de cooperación territorial, aumentar a cohesión institucional do territorio de ambas marxes do rio Miño, promover o seu patrimonio cultural e natural, valorizar as potencialidades dos recursos endóxenos e consolidar unha marca turística común para os dous países.

Os dous socios principais da AECT son a Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho, que aglutinan 16 concellos pontevedreses (A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Arbo, Crecente, A Cañiza e Covelo) e outros dez do norte de Portugal, abranguendo máis de tres mil quilómetros cadrados de territorio e 375.995 habitantes.

A creación da AECT Rio Minho foi impulsada polas accións de Estratexia de Cooperación Intelixente Transfronteiriza do proxecto Smart Minho, que conta cunha inversión de orzamento de 942.022,47 euros, cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí