Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A candidatura dos concellos transfronteirizos do Miño volve ter opcións para conseguir fondos europeos

O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez reuniuse hoxe en Madrid co director xeral de Fondos Comunitarios, quen confirmou verbalmente que se aceptarán as alegacións presentadas

O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez reuniuse hoxe en Madrid co director xeral de Fondos Comunitarios, quen confirmou verbalmente que se aceptarán as alegacións presentadas

Fecha: 24 de Febrero de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A candidatura de cooperación transfronteiriza ‘Visit Río Minho' presentada pola Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal (CIM) Alto Minho será finalmente admitida e valorada na primeira convocatoria para obter fondos europeos do programa INTERREG V A -POCTEP. Así llo comunicou hoxe verbalmente o director xeral de Fondos Comunitarios Jorge García ao deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez. Isto supón que os concellos galego-portugueses da ‘raia' volverán ter opcións para acadar os 5,6 millóns de euros solicitados á UE para desenvolver actuacións conxuntas que poñan en valor o territorio do Miño.
 





Segundo puido saber o deputado no encontro mantido en Madrid, os servizos xurídicos do Ministerio de Facenda teñen intención de resolver de forma positiva as alegacións presentadas logo de que a candidatura ‘Visit Río Miño' non fora admitida inicialmente por un defecto de forma na súa presentación. Hai que lembrar que a proposta galego-portuguesa fora introducida na plataforma telemática da UE por un funcionario cuxa sinatura non estaba autorizada, o que supoñía que o documento nin sequera ía ser analizado no seu contido: simplemente quedaba fóra.

Nas alegacións presentadas pola CIM e a Deputación solicitouse que o defecto de forma non se tivese en conta, xa que na documentación presentada quedaba claro que todas as administracións implicadas respaldaban a candidatura. Así mesmo, subliñábase que o beneficiario da proposta era o territorio con maior poboación de toda a fronteira galego-portuguesa. Finalmente, dende o Ministerio sinalan que nos próximos días solicitarán ás partes implicadas documentación aclaratoria e comunicarán formalmente a decisión definitiva de aceptar as alegacións.

Unha vez salvado este primeiro contratempo, a candidatura de cooperación transfronteiriza dos concellos do Miño terá que pasar un segundo filtro: o comité de valoración debe analizar as actuacións propostas para as que se solicita financiamento (o 75% dos 7,5 millóns de euros de investimento total). A resolución chegará no mes de marzo, cando se saberá se a ‘raia' do Miño terá cartos europeos e a cantidade definitiva que recibe, xa que pode suceder que só sexan aceptadas parte das iniciativas ou subvencionadas nunha porcentaxe diferente da prevista.

Que supón a candidatura?
A candidatura ‘Visit Rio Minho' pretende desenvolver actuacións para preservar e poñer en valor o río Miño transfronteirizo mediante un orzamento total de 7.465.603,74 euros. O obxectivo principal é capitalizar a marca ‘Rio Minho' a través dun conxunto de actividades que potencien os recursos endóxenos da zona como un destino ecoturístico de referencia estatal e internacional.

Estas actuacións, entre outras, concrétanse na elaboración da candidatura do estuario do Miño como paisaxe cultural da Unesco, a promoción e organización de eventos experienciais de deporte, a asistencia a feiras de turismo, inversións para a mellora da preservación do patrimonio natural do río, o desenvolvemento de centos de interpretación dos recursos naturais, a valorización dos produtos da pesca mediante a súa trazabilidade ou actuacións de vertebración do espazo común cunha rede de itinerarios transfronteirizos.

Os concellos beneficiarios destas actuacións serán A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves, Arbo e Crecente pola parte pontevedresa, e Caminha, Vila Nova de Cerveira, Paredes de Coura, Valença, Monçao e Melgaço, pola parte portuguesa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones