Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN APOSTA POR REIMPULSAR UNIMINHO COMO ORGANISMO DE COLABORACIÓN DOS CONCELLOS DO VAL DO MIÑO

O Consello directivo da asociación reuniuse onte para renovar a representación galega no organismo transfronteirizo

O Consello directivo da asociación reuniuse onte para renovar a representación galega no organismo transfronteirizo

Fecha: 29 de Agosto de 2015

Fuente: Uniminho

A Deputación de Pontevedra pretende reimpulsar a asociación Uniminho - da que forma parte xunto coa Comunidade Intermunicipal Vale do Minho- como organismo de colaboración estable que analice e traballe nas potencialidades socioeconómicas da ribeira do Miño e que sirva como medio para solicitar fondos europeos cos que desenvolver programas de cooperación interrexional.

Onte celebrouse en Valença a reunión do consello directivo deste organismo para renovar a representación da parte galega, que a partir de agora recaerá por defecto na presidenta da Deputación provincial, Carmela Silva, e no deputado Uxío Benítez. Foi necesario nomear a estes novos integrantes logo das eleccións municipais do pasado mes de maio, que supuxeron o cambio no goberno provincial.

O encontro, no que estiveron o presidente da cámara de Melgaço e o de Vila Nova de Cerveira, serviu de primeiro contacto entre os novos membros. Abordouse o futuro da Asociación do Val do Miño Transfronteirizo-Uniminho, así como o estado do proxecto europeo Ecotur de fomento de turismo que se está a desenvolver con fondos europeos.

Segundo explicou Uxío Benítez, presente na sede de Uniminho en Valença, a intención do novo goberno da Deputación "é impulsar Uniminho como organismo de cooperación transfronteiriza entre os concellos da ribeira do Miño para acceder a fondos europeos e como foro de debate, análise e simbiose dos estamentos que conflúen ao redor do Miño".

Esta aposta xorde despois de que o anterior goberno provincial de Rafael Louzán decidira liquidar a asociación e non prorrogar o convenio de constitución firmado en setembro do 2006: a data de caducidade para Uniminho, pois, sería decembro deste ano. Sen embargo, a nova Deputación ten vontade de darlle a este organismo a importancia que debe ter "tomando un papel de liderado e de axuda aos concellos da 'raia' para coordinarse", segundo sinalou Benítez. Tamén explicou que é importante que Uniminho teña un carácter estable, xa que ata o de agora houbo moitos programas de cooperación interrexional entre concellos galegos e portugueses que acabaron esmorecendo por falta de implicación.

Nas vindeiras semanas o deputado provincial responsable de cooperación transfronteiriza manterá encontros cos alcaldes dos concellos que forman parte da asemblea de Uniminho (Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, A Guarda, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Oia, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui) co fin de ver os posibles cambios a introducir no organismo interrexional e recoller as achegas municipais.

A Asociación do Val do Miño Transfronteirizo -Uniminho naceu en setembro de 2006 cun convenio entre a Comunidade Intermunicipal Vale do Minho (formada por Mengaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença e Vila Nova de Cerveira) e a Deputación de Pontevedra (cos concellos do Baixo Miño-Condado-Paradanta).

Como entidade está facultada para desenvolver actividades de cooperación nos eidos da obra pública e na xestión de equipamentos sociais, e para a presentación de candidaturas a programas ou instrumentos comunitarios. A súa estrutura está formada por unha asemblea xeral -constituída polas entidades territoriais asociadas cunha delegación de 17 membros- e un consello directivo, que é o seu órgano executivo e está composto por presidente (que se nomea de xeito rotatorio), vicepresidente e dous vogais.

Ecotur-Uniminho
Na actualidade dende Uniminho estase a traballar na execución do proxecto Ecotur, que ten nos seus obxectivos a conservación e valorización do patrimonio Rede Natura 2000 da rexión e a promoción dunha oferta estruturada e organizada do territorio do Val do Miño como un destino transfronteirizo ecoturístico de excelencia. O seu custe aprobado é de 133.500 euros e o prazo de execución estenderase ata o 31 de decembro deste ano. Estase estudando a posibilidade da presentación da candidatura Ecotur 2.0, cuxo prazo se abre o 30 de setembro.

Uniminho pretende manter os traballos realizados durante o transcurso do proxecto CoopMinho asegurando o funcionamento do centro de información transfronteirizo, concretando dous proxectos piloto de transporte público e garantindo a eficiencia e calidade na prestación de coidados de saúde nas zonas fronteirizas.

Por outra banda quérense determinar as prioridades de cooperación no Alto Miño elaborando un estudo estratéxico e un plan global de acción para o período que vai ata o 2020, participar no proxecto Responsabilidade Social Empresarial (RSE), e desenvolver outras accións puntuais en colaboración con outras entidades.

Próximos pasos
Entre as formulacións que ten a Deputación de Pontevedra para Uniminho está a posibilidade de introducir novos cambios nos estatutos, que deben ser consensuados coas entidades xurídicas que forman a asociación. Está aberta a posibilidade de ampliar o ámbito de actuación dando entrada a novos concellos e cámaras municipais e incluso mudar a sede ao territorio español (actualmente está en Valença), o que permitiría aplicar a Lei de contratos do sector público e outra normativa española.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones