Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra aproba a contratación da redacción do anteproxecto da nova ponte peonil entre Tomiño e Cerveira

As tres empresas finalistas do concurso de ideas terán dous meses para ampliar e detallar as súas propostas iniciais, segundo explicou Uxío Benítez

A proposta mellor valorada no procedemento de negociado será a adxudicataria da redacción do anteproxecto

Fecha: 08 de Septiembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe en Xunta de Goberno a contratación da redacción do anteproxecto da nova ponte peonil que unirá os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira. A licitación consiste nun procedemento negociado entre a institución provincial e as tres empresas que resultaron finalistas no concurso internacional de ideas, lanzado a mediados do pasado ano, e dividirase en dúas fases, cun orzamento total de 176.330 euros, segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez.

Así, os tres proxectos finalistas terán agora un prazo de dous meses, dende a súa notificación, para ampliar e desenvolver con máis detalle as súas propostas iniciais. Unha vez transcorridos estes 60 días, os servizos técnicos da Deputación iniciarán un procedemento de negociado, no que se analizará a viabilidade de cada unha delas, e durante o cal a institución poderá solicitar modificacións ou melloras, tras o que, finalmente, se seleccionará a proposta gañadora.

A partir de aí, a empresa adxudicataria disporá dun prazo máximo de 4 meses para a redacción do anteproxecto, polo que a duración total desta primeira fase prolongarase ata o primeiro trimestre de 2019.

Nunha segunda fase, cunha duración estimada de 18 meses, a empresa deberá redactar o proxecto construtivo da obra, que incluirá as actuacións previas e demolicións que sexan necesarias acometer, os cálculos específicos das estruturas, a definición concreta dos acabados, o estudo de seguridade e saúde, xestión de residuos, plan de control de calidade, cronograma e traballos complementarios.

Dun total de 24 propostas presentadas ao concurso internacional de ideas, as tres mellor valoradas polo xurado, e que agora participan neste proceso de negociado, foron: ‘Raia', de Álvaro Siza e Jorge Amorim Nunes da Silva; ‘Caminho do rio' de Javier Zubia e Paula Teles; e ‘Una línea sobre el Miño' das sociedades Burgos & Garrido e Bernabeu Ingenieros.

O deseño da construción da futura ponte entre Tomiño e Cerveira enmárcase dentro da acción "Cualificación e promoción do parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza", do proxecto VISIT RIO MINHO, promovido conxuntamente pola Deputación de Pontevedra, a CIM Alto Minho, a Fundación CEER, o Centro Tecnolóxico do Mar, a Universidade de Vigo e os municipios do norte de Portugal. A ponte permitirá, ademais da circulación de peóns e bicicletas entre a dúas marxes do río, a creación do primeiro parque transfronteirizo de ocio de Europa, así como unir as rutas e sendeiros que percorren as dúas beiras do río Miño nun único anel verde de percursos fluviais.

VISIT RIO MINHO está cofinanciado ao 75 % por fondos FEDER da UE a través da convocatoria INTERREG V-A POCTEP 2014-2020 e ten por obxectivo a cualificación e valorización ambiental dos recursos endóxenos do territorio do Miño e a súa promoción como destino ecoturístico.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones