Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA IMPULSA UN PROXECTO DE COOPERACIÓN PARA FAVORECER A COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA METALÚRXICA DA EURORREXIÓN

A Presidenta da Deputación destacou a importancia da colaboración e da suma de sinerxias para impulsar proxectos que consigan que a sociedade avance.

A Presidenta da Deputación destacou a importancia da colaboración e da suma de sinerxias para impulsar proxectos que consigan que a sociedade avance.

Fecha: 24 de Diciembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

O novo goberno da Deputación de Pontevedra ten entre os seus eixos prioritarios impulsar políticas que xeren emprego e impulsen a economía produtiva como modelo para facilitar o crecemento económico. Neste contexto, presentouse hoxe o proxecto CIME de Cooperación intelixente para favorecer a competitividade da industria metalúrxica da Eurorrexión, en colaboración coa Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME), a Asociación de Industriais Metalúrxicos Metalmecánicos e afins de Portugal (AIMMAP), o Centro de Apoio Tecnolóxico á industria metalomecánica (CATIM) e a Fundación Galega do Metal para a formación, cualificación e emprego FORMEGA.

O proxecto CIME ten entre os seus obxectivos, tal e como subliñou Silva, "xerar un claro retorno e impulsar o crecemento económico, crear emprego, incrementar a competitividade empresarial, o I+D, as novas tecnoloxías e a formación, facendo partícipes ós concellos e traballando conxuntamente con Portugal para promover proxectos que beneficien ó conxunto da sociedade". A Presidenta da Deputación destacou a importancia da colaboración e da suma de sinerxias para impulsar proxectos que consigan que a sociedade avance.

Ademais, Carmela Silva subliñou o papel das administracións no impulso de actuacións como esta asegurando que "non podemos ser simplemente xestoras de recursos públicos senón que temos que promover a colaboración público-privada e converternos en administracións que estamos preto da realidade do noso entorno, abertas a colaborar nunha relación de igualdade e intelixencia para poder poñer en valor proxectos que ilusionen á sociedade e impulsen a innovación e o desenvolvemento".

Pola súa banda, os colaboradores do proxecto CIME divulgaron a importancia de promover a competitividade do sector metalúrxico na Eurorrexión, cunha importante contribución ó PIB (16% do PIB galego) e xeración de postos de traballo. Así, o Director Xeral de CATIM destacou a importancia de CIME para o sector debido, fundamentalmente, "á necesidade de impulsar a innovación e formación para poder competir nunha economía circular e dixital que aposta pola customización, polo análise, pola produción 4.0, por transformar produtos en servizos e por novos modelos de negocios".

O Vicepresidente de AIMMAP, que aglutina a máis de 1.000 empresas metalúrxicas portuguesas, subliñou que "a importancia de favorecer e mellorar a competitividade no sector metalúrxico que representa unha terceira parte das exportacións portuguesas".

Enrique Mallón, Secretario Xeral de ASIME, agradeceu o impulso que a Deputación de Pontevedra está a dar ó sector metalúrxico a través do proxecto CIME. Así, Mallón manifestou que a súa satisfacción pola "proactividade da institución provincial respecto á posibilidade de impulsar un proxecto de internacionalización, innovación e formación da industria metalúrxica".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones