Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PROMOVE UN PROXECTO EUROPEO PARA IMPULSAR O CAMIÑO PORTUGUÉS

Representantes da institución provincial e do concello de Caldas, o que ten maior número de quilómetros de camiño portugués na provincia de Pontevedra, participan nunha reunión en Ponte de Lima para impulsar o percorrido

A cooperación e o reforzo institucional do Camiño Portugués, no tramo Porto-Pontecesures, permite abrir oportunidades de desenvolvemento e internacionalización do sector turístico vinculado á ruta.

Fecha: 02 de Diciembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Caldas de Reis participan, esta tarde en Ponte de Lima, nunha primeira reunión para a posta en marcha dun proxecto europeo, no marco da primeira convocatoria INTERREG V-POCTEP Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, para impulsar o Camiño Portugués a Santiago de Compostela.

Este primeiro encontro en Ponte de Lima, no que participan a Deputación de Pontevedra (como socio líder) e o Concello de Caldas de Reis xunto ó resto de socios do proxecto (Cámaras Municipais de Ponte de Lima, Barcelos, Paredes de Coura e Valença do Minho), servirá para preparar a documentación esixida e realizar o informe previo para poder poñer en marcha o proxecto de impulso do Camiño Portugués.

Esta actuación de cooperación entre a provincia de Pontevedra e o Norte de Portugal serve para potenciar os lazos sociais e culturais entre ambas rexións así como pon de manifesto dous aspectos relevantes con respecto ó Camiño Portugués a Compostela: o incremento progresivo de peregrinos por esta variante (superando as 40.000 persoas anuais) e o lugar que ocupan Porto e Tui entre os cinco primeiros postos dos lugares de comezo das diferentes rutas que elixen os peregrinos.

A cooperación e o reforzo institucional do Camiño Portugués, no tramo Porto-Pontecesures, permite abrir oportunidades de desenvolvemento e internacionalización do sector turístico vinculado á ruta. Por elo, a Deputación de Pontevedra, xunto cos concellos da provincia polos que transcorre o Camiño Portugués, ten por obxectivo, a través deste proxecto de cooperación transfronteiriza, promover e desenvolver o percorrido mediante a creación de novos produtos turísticos relacionados co Camiño, ampliar e mellorar a oferta turística, protexer os recursos turísticos culturais e naturais ligados ó percorrido, mellorar o mesmo, desenvolver turística e socioeconomicamente os municipios polos que transcorre, incrementar o número de visitantes en ocupacións hoteleiras, elaborar accións de promoción conxuntas e favorecer a cooperación transfronteiriza

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones