Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN E A CIM ALTO MINHO FORMALIZAN A CANDIDATURA TRANSFRONTEIRIZA CONXUNTA ECOTUR UNIMINHO 2.0 AOS FONDOS EUROPEOS

Os concellos galegos e portugueses da raia impulsarán unha plataforma cultural de colaboración

O obxectivo é acadar uns cinco millóns de euros cos que poñer en valor as potencialidades do río Miño transfronteirizo mediante unha oferta turística estruturada e organizada de forma conxunta e global.

Fecha: 19 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM) formalizaron no Pazo Provincial a súa unión para a presentación da candidatura transfronteiriza conxunta para ao programa Interreg V A-POECTEP. Esta candidatura, chamada Ecotur Uniminho 2.0 estará formada por proxectos a desenvolver nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves, Arbo e Crecente pola parte galega e Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença, Paredes de Coura, Monçao e Melgaço pola parte portuguesa. O obxectivo é acadar uns cinco millóns de euros cos que poñer en valor as potencialidades do río Miño transfronteirizo mediante unha oferta turística estruturada e organizada de forma conxunta e global.

No encontro participaron o deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez; o presidente da CIM, José María Costa; así como os técnicos de cooperación de ambas institucións. O deputado pontevedrés sinalou a importancia de que o Miño teña "un crecemento sostible a través da cooperación transfronteiriza para a protección, promoción e desenvolvemento do patrimonio cultural e natural e a mellor xestión dos recursos ".

Actuacións
Unha das actuacións que se plantexa dentro da candidatura Ecotur Uniminho 2.0 é a creación dun roteiro gastronómico-cultural-etnográfico pola beira do Miño. Todos os concellos da beira galega dispoñen nestes momentos dunha rede de sendeiros fluviais que permiten tránsitos peonís a través de espazos naturais, mais hai zonas nas que non están conectados entre si, polo que é preciso actuar creando eses enlaces e potenciar a senda de xeito unitario.


Neste sentido tamén está a proposta de creación dun itinerario (diferenciado dos actuais sendeiros peonís) a través da liña do tren que vai paralela ao Miño. Os alcaldes da zona xa expresaron o seu interese por mellorar instalacións (estacións abandonadas) para servir como locais nos que poñer en valor produtos típicos da zona e que estes sirvan de atractivo para os visitantes.


Outra das apostas que se pretende incluír na candidatura é un estudo de impacto ambiental sobre un dragado ecolóxico do río. Este traballo permitiría saber se é posible realizar un dragado da area do fondo fluvial (sobre todo na desembocadura), así como outras actuacións de rexeneración que poderían incidir na economía, lecer e actividade xeral da zona, como serían posibilitar a pesca ou mellorar praias fluviais de ámbalas dúas marxes do Miño.


Por outra banda tamén se aposta pola mellora de moitos elementos patrimoniais singulares que dan valor ao conxunto do Miño como área de destino. Neste sentido, Benítez insistiu en que o Monte de Santa Tecla, os Muíños de Folón e Picón ( un grupo de 60 construcións en cascada no Rosal, declarados Bens de Interese Cultural) ou o parque natural do Monte Aloia, requiren dunha inversión importante para a súa posta en valor.

Plataforma cultural
Ademais da candidatura transfronteiriza Ecotur Uniminho 2.0, a Deputación e a CIM tamén están a traballar nunha segunda candidatura ao programa Interreg V A destinada á xestión conxunta de equipamentos.


Preténdese crear unha nova estrutura estable de colaboración dende a que se buscaría financiamento para poñer en marcha iniciativas conxuntas e compartir experiencias para "disolver a fronteira". Segundo lembrou Benítez "os concellos da raia non só comparten estruturas físicas e materiais se non tamén inmateriais, de pensamento e culturais... algo que ten que ser posto en valor", polo que nun primeiro momento quérese levar adiante un proxecto piloto ligado á cultura.


Neste sentido, realizarase un estudo territorial sobre as sinerxias culturais entre asociacións e colectivos existentes en ámbalas dúas marxes do río Miño que poida concluír na posta en marcha dunha plataforma na que ofrecer de xeito global aos cidadáns servizos e actividades culturais xestionadas de forma única dende ámbolos dous lados da fronteira. Deste xeito, veciños e turistas poderían ver tanto as ofertas organizadas desde os diferentes concellos galegos e portugueses como os elementos culturais de tipo singular que ambos pobos teñen en común.


Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quixo reflexar a importancia que a cooperación transfronteiriza ten para a institución provincial pontevedresa, e así llo fixo chegar ao presidente da CIM, José María Costa, a quen recibiu no seu despacho antes do encontro técnico de traballo co deputado delegado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones