Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación pon en marcha -a raia no medio-, un estudo sobre os medios de comunicación do río miño transfronteirizo

A iniciativa implica tanto a administracións públicas, sociedade civil, cidadanía como a empresas

A iniciativa implica tanto a administracións públicas, sociedade civil, cidadanía como a empresas

Fecha: 18 de Agosto de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A departamento de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra, dirixido polo deputado Uxío Benítez, vén de poñer en marcha "A raia no medio", un estudo sobre os medios de comunicación do territorio transfronteirizo do río Miño, en colaboración co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), encargado da realización da diagnose.

A través de "A raia no medio", elaborarase unha base de datos das iniciativas de comunicación local existentes, dende radios a xornais físicos e dixitais, a iniciativas en redes sociais, blogs ou revistas e magazines, coa idea de identificar as fortalezas e debilidades da comunicación neste territorio internacional por medio da sistematización e análise de entrevistas a medios de comunicación, responsables institucionais e persoas chave no ecosistema da eurorrexión, como expertas e expertos na cooperación transfronteiriza, ou entidades referenciais da sociedade civil galega e portuguesa.

Segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, esta iniciativa permitirá "fortalecer o coñecemento mutuo entre os medios de comunicación do territorio que comprende o río Miño, identificando a axenda informativa de interese común e as oportunidades e as debilidades na comunicación nas dúas beiras, o que finalmente facilitará a creación de novos mecanismos que permitan unha maior e mellor comunicación".

Nunha primeira fase de traballo, o IGADI centrouse na identificación das ducias de medios de comunicación de ámbito local existente no espazo da AECT Río Miño, dando inicio tamén ás entrevistas presenciais e a distancia con representantes políticas, xornalistas e especialistas na Eurorexión Galicia-Norte de Portugal. Neste primeiro contacto cos actores chaves da comunicación na raia, constatouse unha alta ilusión na procura de fórmulas que axuden a diluír a fronteira e a promover un desenvolvemento integral no territorio galego-portugués.

"A raia no medio" nace coma un proxecto de construción de cidadanía eurorrexional galego-portuguesa no contexto da Declaración de Tui. Supón, por tanto, un labor multiactor, que implica tanto a administracións públicas, á sociedade civil, á cidadanía como a empresas. A creación de capital e cohesión social, fai parte do berce do proxecto coma matriz e forza de desenvolvemento local, social e económico. O proxecto rematará entre os meses de outubro e novembro coa presentación do informe final e a realización dun taller de contraste aberto á participación das entidades que formaron parte do estudo e da cidadanía en xeral.

O proxecto pode seguirse por medio das redes sociais do IGADI a través do cancelo #ARaiaNoMedio. As persoas ou entidades interesadas en participar ou coñecer máis de preto este proxecto poden facelo a través do enderezo electrónico; info@igadi.org.

O departamento de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra é o responsable dos proxectos Smart Minho e e Visit Rio Minho, desenvolve actividades de valorización do territorio transfronteirizo, propiciando a colaboración entre concellos e cámaras portuguesas, e xestiona o financiamento europeo para estes territorios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones