Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A elaboración da -Estratexia 2030- do Río Miño transfronteirizo entra nunha nova fase de participación social

As opinións e propostas recollidas incorporaranse ao documento final, que se presentará no II Fórum a finais de ano

As opinións e propostas recollidas incorporaranse ao documento final, que se presentará no II Fórum a finais de ano

Fecha: 26 de Julio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Tras o importante éxito de asistencia ao I Fórum do Río Miño Transfronteirizo, que se celebrou en Valença o pasado mes de xuño, a elaboración da ‘Estratexia 2030' entra agora nunha nova fase de participación cidadá. Os axentes sociais do territorio interesados poderán seguir colaborando coa creación do documento estratéxico, ben a través da web www.smartminho.eu, onde se habilitou espazo virtual para este propósito, ou ben sumándose á celebración das novas mesas sectoriais que terán lugar nos próximos meses. As opinións e propostas, tanto individuais como de colectivos e institucións, serán recollidas pola equipa científica para a redacción do documento Diagnóstico e Plan De Acción da Estratexia de Cooperación Intelixente do Río Miño Transfronteirizo, que será presentada no II FORUM, a finais de ano.

O documento preliminar, que foi sometido a debate no I Fórum, xunto coas conclusións recollidas nas distintas mesas sectoriais que se celebraron o pasado 21 de xuño, estará dispoñible na páxina web ao longo das próximas semanas, onde xa hai habilitado un espazo virtual transfronteirizo de participación cidadá, a través do cal as persoas interesadas poderán facer chegar ás súas aportacións en forma de propostas e opinións, utilizando as diferentes caixas de correo habilitadas.

Así mesmo, a partir de finais de xullo e ata finais de outubro, tamén estará activo neste espazo web, un bloque de consulta cidadá sobre diferentes aspectos e medidas relacionados coa cooperación entre ambas beiras do río Miño.

Pola súa banda, durante os meses de setembro e outubro convocaranse novas mesas sectoriais ao redor de catro eixos: os sectores produtivos; a gobernanza no territorio transfronteirizo; a mobilidade, os servizos e o turismo sustentable; e a cultura e comercio tradicional". Para inscribirse nelas bastará con cubrir un formulario a través de www.smartminho.eu ou ben enviar un correo electrónico a riominho.interrreg@depo.es.

Detrás da denominación Estratexia De Cooperación Intelixente do Rio Minho Transfronteirizo, `Estratexia 2030`, atopamos un programa de actuación conxunta dos actores públicos e privados do territorio do río Miño na área do norte de Portugal e sur da provincia de Pontevedra. Este traballo de análise profunda do espazo transfronteirizo ten como horizonte futuro o novo marco financeiro europeo 2023-2027.

`A Estratexia 2030´ desenvolve un plan de acción e implementa un proceso capaz de involucrar aos actores públicos e privados (axentes económicos e sociais presentes no territorio) e será un documento-guía da orientación das políticas públicas de desenvolvemento da área transfronteiriza do río Miño, orientado e integrado nunha perspectiva de valoración e uso económico e sustentable dos recursos do río internacional.

A encargada de impulsar a Estratexia sería a Agrupación de Cooperación Territorial Río Miño (AECT-Río Miño),  constituída pola Deputación de Pontevedra no territorio do Miño pontevedrés, e pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho portugués (CIM Alto Minho).

A Estratexia de Cooperación Intelixente do rio Minho Transfronteirizo enmárcase dentro do proxecto Smart Minho a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 (INTERREG V-A) e está cofinanciado ao 75 %, cun orzamento total de 942.022,47 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí