Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Eurocidade acolle ás I Xornadas Ibéricas de Metroloxía e calidade

Este xoves e venres no auditorio do Centro de Innovaçao e Logística de Valença. Inclúen o Premio Excelencia e Calidade Eurocidade Valença-Tui

Este xoves e venres no auditorio do Centro de Innovaçao e Logística de Valença. Inclúen o Premio Excelencia e Calidade Eurocidade Valença-Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, serán este xoves ás 10.30 hora española os encargados da apertura das I Xornadas Ibéricas de Metroloxía e Calidade no auditorio do Centro de Innovaçao e Logística de Valença, xunto ao presidente do Instituto Politécnico de Viana do Castelo, IPVC, Rui Teixeira.

Estas I Xornadas Ibéricas de Metroloxía e Calidade están promovidas pola Eurocidade Tui-Valença xunto á Escola Superior de Ciencias Empresariais, ESCE, do Instituto Politécnico de Viana do Castelo.  Están formadas polo III Seminario Ibérico de Metroloxía e polo VIII Forum de Calidade ESCE-IPVC. Tras o éxito das anteriores edicións do Seminario Ibérico estas xornadas ofrecerán unhas serie de relatorios tanto sobre metroloxía coma sobre xestión da calidade, con atención especial á nova normativa ISO 9001:2015, e pondo en debate a metroloxía na era dixital. Nas mesmas van participar especialistas tanto portugueses coma españois brindando a oportunidade de intercambiar experiencias, comparar metodoloxías e métodos de traballo.  Tamén se darán a coñecer casos de colaboracións e proxectos conxuntos nestes ámbitos entre España e Portugal.

Como novidade este ano creouse o Premio Excelencia e Calidade Eurocidade Valença-Tui 2016 ao que concorreron empresas tanto do Alto Minho coma da provincia de Pontevedra. Co mesmo a Cámara de Valença e a ESCE buscan premiar ás organizacións e empresas que teñan desenvolvido acción para mellorar na súa eficiencia e competitividade aplicando ferramentas coma 5S, SMED, TPM, Lean, 6 Sigma, ou outras en sectores coma a industria, servizos, comercio e agricultura e pesca.

Tras o acto de apertura mañá ás 11 hora española comezará o primeiro dos paneis previstos sobre "A Metroloxía na Era Dixital". Moderado por Juan Carlos Lago de TRW contará coa intervención de José Luís Prieto, director de metroloxia do LOMG  co título "Falamos de metroloxía", e de Susana Costa e Silvia Silva da QTEC sobre "Calibracións e verificación de EMN na área dos ensaios e inspeccións".

Luís Lorenzo Esperante da SIL moderará o segundo panel que comezará ás 12h coa intervención de Luís Pires de ABIMOTA e André Mendes de LABMETRO.


A partir das 15h abordarase "A metroloxía dixital: prácticas e solucións" en dous paneis. No primeiro intervirán Isabel Godinho do Instituto Português da Qualidade (IPQ) e Salustiano Ruiz Gonzalez do Centro Español de Metroloxía (CEM), exercendo de moderador António Alberto Silveira do ISEP. Unha hora despois Paulo Cabral do IEP moderará o cuarto panel coa participación de Ângela Peixoto de J.M.Fernandes & Filhos   SA e de Agustin Paz do AIMEN. Pecharase a xornada cunha mesa redonda sobre os "Desafíos na era dixital" moderada por José Carlos Sá, ESCE-IPVC e coa participación de Luís Lorenzo Esperante do SIL, Carlos Sousa do ISEP e Xosé António Iglésias do SISPECO.

O venres dende ás 10.30 hora española desenvolverase o VIII Forum de Calidad ESCE-IPVC coa participación de Gianluca Mulé da European Foundation for Quality Management (EFQM) e de Ricardo Fernandes do Instituto Português de Qualidade (IPQ). Posteriormente en distintos paneis presentaranse casos prácticos de melloras na calidade realizados pola Forza  Aérea Portuguesa, Bureau Veritas, Porcelana da Costa Verde, S.A., BorgWarner ou a Santa Casa da Misericórdia de Vila do Conde.

Ampliar información - Consultar programa

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí