Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A nova agrupación de cooperación transfronteiriza -Rio miño- recibe a súa autorización definitiva

No mes de febreiro asinaranse os estatutos de funcionamento e o convenio entre os socios principais -Deputación e CIM Alto Minho- ante notario

O deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, explica que a asociación facilitará a obtención de fondos europeos para proxectos conxuntos nos concellos da -raia-

Fecha: 01 de Febrero de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A nova Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Minho, que reúne á Deputación de Pontevedra e aos 16 concellos do Baixo Miño e Condado-Paradanta xunto coa CIM Alto Minho e dez câmaras do Norte de Portugal, acaba de obter a autorización que faltaba para o seu nacemento oficial. Este novo organismo servirá de ferramenta para a cohesión económica, social e territorial do contorno do Río Miño e, de xeito particular, para solicitar fondos europeos para proxectos conxuntos.

O deputado Uxío Benítez, impulsor da nova asociación, explicou que a CIM Alto Minho acaba de recibir o visto bo do Secretario de Estado do Desenvolvimento e Coesão da República Portuguesa para participar no proxecto, o que dá vía libre á súa constitución formal, xa que a autorización do Ministerio de Presidencia e para as Adminsitracións Territoriais pola parte española chegou á Deputación o pasado ano. A futuro, o paso que resta para formalizar a AECT de xeito definitiva será inminente, xa que no vindeiro mes de febreiro se celebrará a sinatura do acordo entre Deputación e CIM Alto Minho (os dous socios principais) e asinaranse os estatutos ante notario.

Segundo explicou Benítez, a aprobación da AECT por parte de Portugal supón un paso adiante agardado dende hai meses. Subliñou a súa satisfacción e asegurou que existe un interese real para poñer en marcha de xeito inmediato o novo organismo de cooperación galego-portugués logo de ter feito durante os últimos anos "un traballo de consenso que frutificará na AECT e que permitirá dinamizar todo o territorio do Miño e 'borrar' a fronteira".

Hai que lembrar que os concellos de Pontevedra están a apostar dende hai tempo por aproveitar sinerxias comúns co Norte de Portugal, e a nova AECT Río Miño permitirá traballar de xeito conxunto con máis facilidade: será unha entidade con personalidade xurídica que permitirá optar e xestionar fondos europeos de xeito máis áxil que ata o de agora, promover e organizar accións de cooperación do territorio de forma directa, así como servir de foro estable sobre o río Miño, no que a día de hoxe están implicadas moitas administracións.

A nova AECT estará formada por unha asemblea e un órgano executivo. A dirección será un organismo unipersoal que ocuparán representantes de Pontevedra e Portugal rotatorio cada dous anos, ao igual que ocorrerá coa vicedirección. Tamén haberá un Consello Coordinador, formado por membros das dúas partes, que será o encargado da asesorar á dirección e da xestión do día a día. Finalmente, haberá un Consello Consultivo aberto no que se organizarán foros específicos nos que poderán participar expertos en diferentes materias segundo as necesidades, así como outros representantes do veciños e veciñas da zona.

Os dous socios principais da AECT serán a Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho, entes baixo os que se reúnen 16 concellos pontevedreses (A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra, Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Arbo, Crecente, A Cañiza e Covelo) e outros dez do Norte de Portugal. En total abránguense 3.312 quilómetros cadrados de territorio e 375.995 habitantes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones