Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A nova agrupación galego portuguesa de cooperación transfronteiriza para o miño aprende da experiencia de Verín-Chaves

A Deputación vén de organizar xunto á USC unhas xornadas sobre cooperación que se desenvolverá o próximo 21 de abril en Tomiño

O encontro realizouse no antigo edificio da alfándega a cen metros da fronteira

Fecha: 31 de Marzo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A nova Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT) Rio Miño, formada pola Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho para desenvolver proxectos no territorio da fronteira do Miño, xa está a traballar a pesares de non estar aínda aprobada formalmente. No día de hoxe representantes de ambas administracións, xunto con alcaldes galegos e portugueses da raia, desprazáronse ata Verín para coñecer de primeira man a experiencia da AECT Verín-Chaves.

Esta iniciativa, organizada polo deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, tivo como obxectivo aproveitar o coñecemento da agrupación galego portuguesa da raia seca, que xa leva constituída varios anos e que ten levado adiante proxectos europeos. "Queriamos coñecer unha experiencia real, aproveitar as sinerxias e o coñecemento dunha AECT que xa funciona e aplicar ese ‘saber facer'. Nós estamos en proceso de constitución e podemos aprender moito dos problemas que salvar e de como debemos traballar", subliñou o nacionalista.

O deputado Uxío Benítez explicou que a nova AECT Río Miño ten intención de ser unha entidade con personalidade xurídica para xestionar fondos europeos, promover e organizar accións de cooperación do territorio de forma directa, así como servir de foro estable sobre o río Miño, no que a día de hoxe están implicadas moitas administracións. "Moitos organismos interveñen e toman decisións sobre o noso territorio -Augas de Galiza, Comandancia de Marina, Costas...-. Este novo organismo poderá coordinar, a través dunha estrutura con poder para actuar, aquelas actuacións de interese para Miño. Queremos unir os dous lados administrativos desa fronteira artificial que nos separa e que en total abrangue 3.312 quilómetros cadrados de territorio e 375.995 habitantes", subliñou.

A día de hoxe, a AECT Río Miño está á espera da súa aprobación oficial en Madrid, que deberá chegar nas vindeiras semanas logo de terse presentado a mediados de 2016.

Benítez indicou que "os fondos transfronteirizos da UE son os únicos que medraron nos últimos anos e é necesario aproveitar esa posibilidade para sacar adiante proxectos interesantes que precisan os concellos". Nestes momentos, de feito, a Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho (que reúnen 16 concellos pontevedreses -A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra, Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Arbo, Crecente, A Cañiza e Covelo- e outros dez do Norte de Portugal) están tamén á espera da resolución das candidaturas presentadas ao programa Interreg para desenvolver turisticamente o territorio do Miño. A financiación europea para esas actuación podería alcanzar os cinco millóns de euros no caso de aprobarse na súa totalidade.

O traballo sobre cooperación transfronteiriza da Deputación non quedará no encontro de hoxe coa AECT Verín Chaves. Uxío Benitez explicou que o vindeiro 21 de abril a institución provincial, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, celebrará as xornadas ‘A nova AECT Río Miño desde unha visión comparada: A raia e Europa', que se celebrarán en Tomiño coa participación de moitas mais AECT tanto estatais como europeas. O fin deste novo evento será "intercambiar moitas mais experiencias e facer alianzas para ter peso en Europa".

O encontro de hoxe cos membros da AECT Verín-Chaves realizouse na sede da agrupación: o antigo edificio da alfándega a cen metros da fronteira. Alí estiveron Uxío Benitez, deputado delegado de Cooperación Transfronteiriza; Sandra González, alcaldesa de Tomiño; Xose Manuel Rodríguez Méndez, alcalde de As Neves; Miguel Capón, concelleiro de Tui; Manoel Batista, presidente da Câmara Municipal de Melgaço e presidente da Uniminho; Fernando Nogueira, presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira; Paulo Esteves, Vereador da Câmara Municipal de Monção; Tiago Cunha, vicepresidente Câmara municipal de Paredes de Coura; António Pereira Torres, secretario técnico conxunto de Uniminho; Marcós Areán, técnico de Cooperación da Deputación, así como outros técnicos e aserores.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí