Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A nova Asociación de Cooperación Transfronteiriza Rio Miño estará operativa a primeiros de 2017

Os 16 concellos galegos do Baixo Miño e Condado-Paradanta xa formalizaron a súa adhesión á AECT, que permitirá concorrer a fondos europeos

Os 16 concellos galegos do Baixo Miño e Condado-Paradanta xa formalizaron a súa adhesión á AECT, que permitirá concorrer a fondos europeos

Fecha: 15 de Julio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A nova Asociación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño, que reúne á Deputación de Pontevedra e aos 16 concellos do Baixo Miño e Condado-Paradanta xunto coa CIM Alto Minho e dez câmaras do Norte de Portugal, estará plenamente operativa a principios de 2017. Este novo organismo servirá de ferramenta para a cohesión económica, social e territorial do contorno do Río Miño e, de xeito particular, para solicitar fondos europeos para proxectos conxuntos.

O deputado Uxío Benítez, impulsor da iniciativa da nova asociación, mantivo hoxe un encontro co presidente da CIM Alto Minho e presidente da câmara de Viana do Castelo, José María Costa, no que se chegou a acordo sobre os estatutos. Ademais deste visto bo inicial, o texto deberá ser aprobado polo pleno da Deputación de Pontevedra -o vindeiro 29 de xullo- e pola asemblea da CIM -un día antes-. Logo, ambas institucións asinarán un convenio de colaboración e remitirán toda a documentación ao Ministerio de Facenda en Madrid e o seu homólogo en Lisboa para a súa validación . Unha vez recibidos os informes dos gobernos centrais de ambos países a existencia da nova AECT será unha realidade. De darse o caso de producirse silencio administrativo - logo de seis meses- a entidade terá tamén o visto bo, polo que a primeiros do ano próximo estará en funcionamento.

"O acordo de hoxe é moi positivo. É un paso fundamental porque demostra o interese que hai para poñer en marcha o novo organismo conxunto. Temos rematado un traballo de consenso básico que frutificará nunha AECT que permitirá dinamizar todo o territorio do Miño e 'borrar' a fronteira", sinalou Benítez.

Os concellos de Pontevedra veñen de demostrar tamén a necesidade de aproveitar as sinerxias comúns entre o Sur da provincia e o Norte de Portugal. De feito, despois da reunión de presentación da iniciativa o pasado mes de abril, todos os gobernos locais remitiron rapidamente as súas cartas de adhesión ao proxecto para comezar a traballar de inmediato.

A nova AECT Río Miño será unha entidade con personalidade xurídica que permitirá optar e xestionar fondos europeos, promover e organizar accións de cooperación do territorio de forma directa, así como servir de foro estable sobre o río Miño, no que a día de hoxe están implicadas moitas administracións. "Trátase dunha ferramenta para obter máis recursos cos que desenvolver as potencialidades do territorio do Miño. Os concellos saben que non poden desaproveitar a oportunidade", subliñou o nacionalista.

En canto ao organigrama, a nova AECT estará formada por unha asamblea e un órgano executivo. A dirección será un organismo unipersoal rotatorio que ocuparán representantes de Pontevedra e Portugal cada dous anos, ao igual que ocorrerá coa vicedirección. Tamén haberá un Consello Coordinador, formado por membros das dúas partes, que será o encargado da asesorar á dirección e da xestión do día a día. Finalmente, haberá un Consello Consultivo aberto no que se organizarán foros específicos nos que poderán participar expertos en diferentes materias segundo as necesidades, así como outros representantes do veciños e veciñas da zona.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones