Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A UNIMINHO CANALIZARÁ AS RELACIÓNS DOS CONCELLOS DO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO CON GAS NATURAL-FENOSA SOBRE O ENCORO DE FRIEIRA

Preténdese asinar un acordo de colaboración para que a eléctrica facilite datos da súa actividade en tempo real e realice estudos sobre o ecosistema do Miño

Representantes da asociación lusogalaica reuníronse con directivos da sección hidroeléctrica, que lles deron a coñecer in situ a presa

Fecha: 05 de Febrero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Uniminho, asociación formada pola Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho, canalizará as relacións dos concellos transfronteirizos de Pontevedra e Portugal coa empresa Gas Natural-Fenosa para os asuntos relacionados co encoro de Frieira. Preténdese asinar un acordo de colaboración polo que a eléctrica facilite datos directamente ao organismo galaico-portugués de xeito periódico e realice estudos sobre o ecosistema do Miño que se ve afectado pola súa actividade. A finalidade é abrir unha vía de comunicación directa para solucionar os problemas que se puideran presentar e que preocupan aos gobernos locais e outros colectivos do contorno.

Ata o de agora, a firma non tiña ningún tipo de contacto bilateral cos concellos de Crecente, Arbo, As Neves, Salvaterra, Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda pola parte española e Melgaço, Monçao, Valença, Vilanova de Cerveira e Caminha pola parte portuguesa: non se transmitían datos sobre cambios de caudal nen tampouco doutras incidencias propias da actuación do encoro no tránsito do río. A intermediación da Deputación de Pontevedra e da CIM Uniminho poderá axilizar, deste xeito, a resolución de dúbidas municipais e posibles contratempos grazas á existencia dunha 'liña directa' de contacto.

Cabe a posibilidade, así mesmo, de que grazas a este acordo a firma eléctrica afronte a realización de estudos sobre o ecosistema do río Miño no contorno da presa para así minimizar os potenciais riscos. As asociacións de pescadores, de feito, teñen solicitado en numerosas ocasións aos concellos e ás demais autoridades competentes na materia a elaboración de investigacións polas posibles ameazas aos medio.

Visita ao encoro
O principio de acordo para esta colaboración futura entre Uniminho e Gas Natural-Fenosa foi sentado nun encontro mantido entre o deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez, e os alcaldes de Melgaço e Vilanova de Cerveira, Manuel Batista e Fernando Nogueira (como membros directivos da asociación europea de cooperación transfronteiriza Uniminho).


Esta reunión serviu para que os representantes galaico portugueses coñeceran in situ o encoro e os traballos de xestión para o mantemento das condicións ambientais esixidas por parte das administracións. Neste sentido, os directivos da sección hidroeléctrica da compañía explicaron que o réxime de funcionamento de Frieira e Frieira CE (caudal ecolóxico) cumpren os condicionantes ambientais que rexen as instalacións. Sinalaron, de feito, que non están autorizados a aliviar máis auga da que reciben e que a súa intención é manter unha convivencia cordial con todos os axentes do contorno.


O encoro de Frieira contaba ata fai uns anos cun 'teleférico' para que os salmóns e demais especies puideran remontar o río. Tamén se proxectou outro remonte que foi trocado pola Xunta de Galicia convertíndoo nun capturadeiro no que se chegan a recoller ata unha tonelada de anguías por cada temporada de pesca, así como exemplares de salmón, troita e rábalo, según os datos que manexa Gas Natural-Fenosa.


En vindeiras semanas representantes de Uniminho e da compañía manterán novos encontros para concretar e plasmar o acordo de colaboración.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones