Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta e o Norte de Portugal avalían a situación na fronteira e o impacto do seu peche na eurorrexión

O Goberno galego apoia que se manteñan abertos o maior número de pasos fronteirizos posibles e se teñan en conta as peculiaridades das áreas fronteirizas coas garantías e os controis de mobilidade necesarios

O Goberno galego apoia que se manteñan abertos o maior número de pasos fronteirizos posibles e se teñan en conta as peculiaridades das áreas fronteirizas coas garantías e os controis de mobilidade necesarios

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Marzo de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe nunha reunión co presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), Antonio Cunha, e representantes das Agrupacións Europeas de Cooperación rdinación Territorial (AECTs) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para abordar o impacto do peche da fronteira a ambos lados da “raia”.

No encontro participou tamén o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e membros das AECTs Galicia-Norte de Portugal, a da Eurocidade Chaves-Verín e a do Miño.

O Goberno galego defende que se manteñan abertos o maior número de pasos fronteirizos posibles co obxectivo de facilitar o tránsito de traballadores transfronteirizos e de mercadorías evitanndo así aglomeracións nos pasos que están abertos e percorridos máis longos. Deste xeito, a Xunta pide que se teñan en conta as particularidades das áreas da fronterira pero sempre dentro das dispoñibilidades de vixilancia, levando a cabo as limitacións da mobilidade e os controis que sexan necesarios para frear a propagación da pandemia e garantir a seguridade dos cidadáns.

Na actualidade aínda permanecen pechados 20 dos 27 pasos pero nas últimas semanas o Goberno de Portugal foi abrindo varios de forma progresiva, o que repercutiu de forma positiva na atención das necesidades a ambos lados da fronteira.

Así, mantense abertos de forma continuada desde o inicio deste segundo peche de fronteira o 31 de xaneiro os pasos de Tui-Valença e Chaves-Verín, aos que se sumaron a mediados de febreiro os de Arbo-Melgaço, Salvaterra-Monção e Montalegre-Baltar, aínda que só algunhas horas por día. Ademais, desde o pasado luns abríronse dous novos pasos, os de Vinhais -A Mezquita e Ponte da Barca-Lobios, tamén con limitacións horarias.

No encontro abordouse a importancia de continuar coa implementación do Plan de Reactivación da Cooperación de Proximidade na Fronteira do Norte de Portugal con Galicia. Un dos seus obxectivos é actuar de forma coordinada para conseguir que os fondos europeos de recuperación e resiliencia presten unha atención especial ás áreas de fronteira. Por iso, as AECTs e os concellos da raia están a traballar en iniciativas que poidan ser financiadas con estes fondos relacionados con ámbitos como a mobilidade transfronteiriza ou a creación e recuperación de infraestruturas medioambientais a ambos lados da fronteira.

Na xuntanza virtual tamén se aboraron os avances no Plan de Investimentos Conxuntos (PIC) para o período 2021-2027 , un documento que apostará por unha Eurorrexión na que se prime a innovación, a ecoloxía, a cohesión e o desafío demográfico e que está previsto que sexa aprobado no Plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.

O PIC vixente do periodo orzamentario 2014-2020 permitiu situar á Eurorrexión como a primeira en captación de investimento no marco do Programa Interreg España-Portugal (POCTEP),neste período, cun total de 135 millóns de euros para a posta en marcha de 80 proxectos. Nesta liña, o Goberno galego xa traballa no POCTEP 2021-2027, no que se lles dará maior protagonismo ás AECTs e se fomentarán os pequenos proxectos levados a cabo por entidades próximas á cidadanía.

Alfonso Rueda destacou a importancia da cooperación transfronteiriza para loitar unidos contra a pandemia e facer fronte ao escenario postcovid-19 contribuíndo á reactivación económica da Eurorrexión.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí