Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

A XUNTA REITERA O SEU APOIO A TODAS AS INICIATIVAS DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE GALICIA E O NORTE DE PORTUGAL

Tomiño e Vilanova da Cerveira son beneficiarios dun programa -Europa dos cidadán-, cunha candidatura elaborada pola AECT

Imaxe do Estuario do Miño dende o Castro de Sta. Trega de A Guarda

Fecha: 30 de Marzo de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda reiterou o apoio do goberno galego a todas as iniciativas de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal e salientou que a xestión compartida de servizos e proxectos aporta beneficios directos para os cidadáns dun e doutro lado da raia.

Alfonso Rueda, acompañado do Secretário de Estado dos Negócios Estrangeiros e Cooperação do goberno portugúes, Luis Campos Ferreira, e dos alcaldes de Monçao e Salvaterra de Miño, Augusto Domingues e Arturo Grandal, respectivamente, asistiron hoxe aos Actos do XX aniversario da Ponte Internacional do río Miño e á posterior sinatura do Protocolo de Irmandamento entre Monçao e Salvaterra de Miño.

O vicepresidente Alfonso Rueda amosou o total apoio da Xunta con todas as iniciativas de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal, cuestión pola que tamén aposta a Unión Europea ao primar no seu reparto de fondos os proxectos conxuntos. Esta liña explicitada polo vicepresidente non fai máis que reforzar o compromiso do Goberno galego cos concellos para que cooperen, que sumen esforzos e que aposten pola xestión compartida.

O protocolo que hoxe se asinou entre ambos concellos prevé a promoción e o desenvolvemento do turismo, aproveitando os recursos naturais e a súa situación no val do Miño, a divulgación do Patrimonio histórico artístico de ambos concellos, así como a colaboración e o fomento do conxunto de instalacións deportivas, empresariais e culturais. Ademais, da promoción da viticultura, a enoloxía e a gastronomía local.

A sinatura deste Protocolo é unha mostra clara da aposta por unha integración socioeconómica e cívica total. Dende a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, a través da AECT, apostase por traballar na liña desta iniciativa, para fornecer de servizos de calidade aos seus conveciños que creen conciencia de unión.

Unha das principais liñas de traballo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) é o achegamento das administracións locais de ámbolos lados da fronteira. Así, no ano 2013 asináronse os irmandamentos entre Lalín e Cabeceiras de Basto e en 2014 entre Caldas de Reis e Vizela. Tomiño e Vilanova da Cerveira son beneficiarios dun programa "Europa dos cidadán", cunha candidatura elaborada pola AECT. Estase a auspiciar a sinatura dun irmandamento este ano entre Baião e Moraña, e outro entre Arteixo e Famalicão. E continúa o traballo coas Eurocidades (nomeadamente coa Eurocidade Tui Valença, xa que a Eurocidade Verín-Chaves conta coa súa propia AECT).

XX aniversario Ponte Internacional
Ademais, hoxe mesmo cómprense 20 anos da entrada en funcionamento da Ponte Internacional entre Salvaterra e Monçao, que uniu dúas localidades que dende hai séculos mantiñan unha estreita relación social e comercial. Durante o acto foron descubertos dous monolitos conmemorativos e a Ponte pasará a denominarse "Ponte Internacional Joâo Verde e Amador Saavedra" en homenaxe a dous escritores que plasmaron cos seus poemas o sentimento de unión entre os dous pobos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí