Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Aprobado o financiamento europeo para un novo proxecto impulsado polo AECT Rio Miño

O obxectivo de Rede Lab Minho é a formación dun Laboratorio de políticas públicas transfronteirizas de carácter local

Os fondos para desenvolver a iniciativa chegan da segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) INTERREG VA

Fecha: 31 de Mayo de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Rio Minho (AECT Rio Minho), ente público formado pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal Alto Minho portuguesa, ao abeiro da lexislación europea, acaba de recibir a aprobación dun novo proxecto na segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 INTERREG V A.

Rede de apoio ás dinámicas locais de cooperación do río Minho -Rede Lab Minho- é a denominación do proxecto, que se enmarca no eixo 4 do Interreg de mellora da capacidade institucional e a eficiencia da administración pública a través da cooperación transfronteiriza e no obxectivo temático 11 de mellora da capacidade institucional das autoridades públicas e as partes interesadas e a eficiencia da administración pública, que supón un investimento de 345.396 euros, dos que o 75 por cento está cofinanciado por fondos FEDER.

O obxectivo de Rede Lab Minho é a constitución e dinamización dunha Rede de cooperación e observación das dinámicas locais transfronteirizas, o apoio a experiencias de cooperación locais entre as diferentes eurocidades do Miño (Tui-Valença, Cerveira-Tomiño e Salvaterra-Monçao) así como entre outras vilas parellas transfronteirizas como A Guarda-Caminha, Arbo-Crecente-Melgaço ou As Neves-Monçao que, aínda que non están constituidas como eurocidades, manteñen relacións de cooperación grazas aos proxectos Smart Minho e Visit Rio Minho, nos que participan o AECT Rio Minho e a Deputación Provide Pontevedra.

O deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, explicou que este novo proxecto "vai contribuir ao fortalecemento da cooperación a nivel local entre os concellos galegos e portugueses ribeiros do río Miño, mediante a creación dunha rede cooperativa tanto institucional como social, a nivel local transfronteirizo".

Rede Lab Minho persegue acadar como resultados, no período de execución do proxecto previsto entre abril de 2019 e decembro de 2021, a creación dunha rede de gobernanza transfronteiriza co obxecto de implementar políticas públicas de benestar da cidadanía; a capacitación, información e sensibilización das estruturas locais de cooperación transfronteiriza (bilaterais) para acadar un maior grao de cooperación territorial; aproximar institucionalmente os modelos de gobernanza dos bens públicos á cidadanía para chegar á integración conxunta de actividades e iniciativas; e tamén a consolidación do AECT Rio Minho en termos de capacidade de cumpRir os seus obxectivos fundacionais e de creación de novas sinerxias transfronteirizas.


Smart Minho e Visit Rio Minho

O AECT Rio Minho participa do proxecto Smart Minho; liderado pola Deputación de Pontevedra, dende o que se impulsou a elaboración da "Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030" e que tamén inclúe a posta en marcha de diferentes plans piloto de mobilidade e cultura, xestionados conxuntamente entre España e Portugal.

Por outro lado, un dos obxectivos do AECT Rio Minho é promover o Río Miño Transfronteirizo como un destino ecoturístico de excelencia, a través da posta en valor do seu patrimonio natural e cultural e a creación dunha marca de identidade, Rio Minho, para que permita dar a coñecer, tanto o territorio como os seus produtos. Estas liñas de actuación están recollidas dentro do proxecto Visit Río Minho, que entre outras actividades tamén contempla a creación dunha rede de sendeiros transfronteirizos, un gran atractivo para aqueles turistas que busquen destinos de natureza, calidade e non masificados.

Visit Rio Minho e Smart Minho son proxectos cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), impulsados pola Deputación de Pontevedra, no marco do programa INTERREG VA España- Portugal (POCTEP) 2014 -2020", neste caso aprobados na primeira candidatura.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones