Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Arranca a elaboración da estratexia de cooperación intelixente para o Río Miño Transfronteirizo

Este xoves finalizarán as primeiras reunións de traballo entre os concellos galegos e portugueses implicados no programa

Científicos das seis universidades da eurorrexión realizarán o Primeiro Foro Transfronteirizo do Río Miño no primeiro trimestre de 2018

Fecha: 20 de Diciembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A elaboración da Estratexia de Cooperación Intelixente para o Río Miño Transfronteirizo está xa en marcha. Este xoves finalizarán as primeiras xuntanzas de traballo entre a equipa técnica redactora e os alcaldes dos concellos galegos e portugueses do Minho que participan no programa europeo e, ademais, xa está previsto que no primeiro trimestre de 2018 se celebre o Primeiro Foro Transfronteirizo con científicos das seis universidades da Eurorrexión para presentar unha análise-diagnose sobre as necesidades e potencialidades do territorio.

As xuntanzas entre municipios veciños da ‘raia' (Tomiño-Cerveira, Tui-Valença, As Neves-Salvaterra-Monçao, A Guarda-O Rosal-Caminha e Arbo-Crecente-Melgaço) comezaron a principios deste mes. Celebráronse cinco encontros aos que acudiron os máximos responsables municipais para discutir os aspectos máis sobranceiros da cooperación entre vilas limítrofes e as estratexias conxuntas que deben articularse co fin de que a cooperación se converta nun motor de desenvolvemento do territorio do Miño Transfronteirizo. Só queda un encontro por realizar, que será o deste xoves en Melgaço entre representantes desta cámara portuguesa e dos municipios de Arbo e Crecente.

Por outra banda, no primeiro trimestre do ano entrante realizarase o Primeiro Foro Transfronterizo do Río Miño, onde a equipa técnica, formada por científicos cinco das seis das universidades da Eurorexión (Vigo, Porto, Santiago de Compostela, Minho e A Coruña) coordenados polo Centro de Estudos Eurorexionais (CEER) presentará a análise-diagnóstico sobre o territorio do Miño Transfronterizo.

Unha vez se finalice a Estratexia de Cooperación Intelixente para o Miño será a primeira vez que este territorio conxunto galego e portugués conte cun estudo en profundidade das súas fortalezas, debilidades e complementariedades con vistas ao deseño de desenvolvemento estratéxico que permita poñer en valor os seus recursos comúns a través da cooperación transfronteiriza.

A Estratexia de Cooperación Intelixente pretende ser un programa de actuación para as vindeiras décadas orientada cara un novo marco financeiro europeo ‘post-2020' impulsada pola Deputación de Pontevecra no territorio do Miño pontevedrés e pola Comunidade Intermunicipal Do Alto Minho portugués (CIM Alto Minho) a través da Agrupación de Cooperación Territorial Río Miño (AECT) que está en proceso de constitución.


Ambas iniciativas, a creación da AECT e da Estratexia, foron acordadas pola Deputación e a CIM Alto o pasado na Declaración de Tui, onde se acordou un marco de colaboración permanente entre ambas entidades locais de Galiza e Portugal para a fronteira común definida polo Río Miño. As iniciativas de cooperación gozan dun 75% de financiamento dos fondos europeos do INTERREG V-A / POCTEP.

Que é a estratexia do Rio Miño transfronteirizo?

A Estratexia do Río Miño Transfronteirizo pretende ser un documento de orientación das políticas públicas de financiamento da área transfronteiriza orientado e integrado nunha perspectiva de valoración e uso económico e sustentable dos recursos do río internacional. Trátase dun instrumento para apoiar a preparación de solicitudes candidatas a financiamentos para rexións fronteirizas e identifica proxectos ‘áncora' de desenvolvemento do territorio, desenvolve un plan de acción e implementa un proceso capaz de involucrar a actores públicos e privados (axentes económicos e sociais presentes no territorio).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones