Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Axentes sociais do territorio do Miño vén necesario un convenio transfronteirizo de emerxencias e máis coordinación na loita contra o lume

Éxito de participación cidadá na primeira mesa sectorial celebrada este luns no marco da -Estratexia de Cooperación 2030-

Éxito de participación cidadá na primeira mesa sectorial celebrada este luns no marco da -Estratexia de Cooperación 2030-

Fecha: 26 de Septiembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Axentes sociais do territorio do Miño vén necesario que as administracións galega e portuguesa asinen un convenio transfronteirizo de emerxencias e aumenten a súa coordinación na loita contra o lume. Así o manifestaron representantes de entidades económicas, sociais e culturais, e persoal técnico e político de ambas marxes do río durante a celebración da primeira mesa sectorial de participación para elaborar a ‘Estratexia de Cooperación do Río Miño Transfronteirizo 2030', un documento que servirá de guía para desenvolver o territorio.

A primeira mesa de traballo da Estratexia -titulada ‘A gobernanza no territorio transfronteirizo'- desenvolveuse este luns no edificio Área Panorámica de Tui e contou con máis participación da prevista pola organización (a AECT Rio Minho), que definiu a convocatoria como "un éxito". O encontro foi a primeira xuntanza interactiva na que os axentes socioeconómicos da zona puideron expresar as súas inquedanzas e propostas sobre o futuro da contorna do Miño. Sobre a mesa púxose o debate do papel que deben xogar as diferentes administracións e incluso a propia AECT nos problemas da poboación transfronteiriza.

No caso das emerxencias, os asistentes consideraron prioritario ter unha maior coordinación entre a parte galega e lusa, poñendo como exemplo o caso do paracaidista que tiña que ser rescatado ao ter problemas cando sobrevoaba o territorio transfronteirizo: en terra non saía ningún equipo de rescate de ningunha de ambas marxes porque os mandos consideraban que a emerxencia non entraba dentro das súas competencias nin ámbito de actuación.

Por outra banda, tamén se tratou a importancia de dispor dunha acción coordinada e conxunta no ámbito da loita contra o lume, unha política forestal global que aborde tanto medios e equipamentos de extinción como liñas para a prevención. No debate lembráronse os lumes do pasado ano, cando as lapas sobrepasaron o río Miño dende a parte portuguesa chegando cunha grande virulencia á provincia.

‘Know-how' transfronteirizo
A mesa sectorial iniciouse coa presentación realizada pola profesora de Relacións Internacionais e Administración Pública de Universidade do Minho, Sandrina Antunes, quen destacou a importancia de reforzar a Agrupación de Cooperación Territorial Río Miño (AECT-Río Miño), a través dunha coordinación eficaz coas entidades públicas e privadas, así como dun proceso participativo continuado coa cidadanía. Así mesmo, insistiu na conveniencia de tirar partido do ‘know-how' xa existente en materia de cooperación transfronteiriza e na procura de novas oportunidades de financiamento que permitan que se consolide como unha estrutura xurídica autosostible.

A continuación foi a quenda dos asistentes á mesa, que fixeron fincapé na necesidade da creación dunha cidadanía compartida que se traduza en servizos comúns. Moitas das persoas participantes expuxeron o anhelo de que a AECT actúe como interlocutor entre as autoridades locais e os gobernos estatais e rexionais en materia de cooperación transfronteiriza, así como para representar os intereses do territorio en Bruxelas.

Durante as intervencións participaron tamén representantes da AECT Galiza-Norte de Portugal, resaltando a importancia dunha colaboración fluída entre ambas AECT para unir esforzos e identificar obxectivos comúns. Pola súa banda, representantes asociativos manifestaron tamén o seu interese en incrementar a colaboración coa AECT Rio Minho e con outros colectivos da zona para potenciar a cooperación.

A seguinte mesa sectorial, sobre ‘Cultura e comercio tradicional', terá lugar este xoves 27 de setembro ás 17 horas (hora galega) na sede da AECT en Valença. Contará coa participación de Carmen Villarino, profesora de filoloxía galega e portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, e de José Alberto Rio Fernandes, presidente da Asociación Portuguesa de Xeógrafos e Catedrático da Universidade de Porto, que forman parte do equipo científico da Fundación CEER (Centro de Estudios Eurorrexionais) para a elaboración da ‘Estratexia 2030'.

As persoas interesadas en participar nesta mesa sectorial poderán inscribirse a través da páxina web www.smartminho.eu/participa. Así mesmo, aquelas persoas que non poidan asistir ás mesas sectoriais poderán sumarse igualmente ao proceso de participación cidadá, aportando as súas achegas e suxestións a través da páxina web, no ‘Espazo virtual transfronteirizo de participación cidadá' habilitado con esa finalidade e que estará aberto ata finais de outubro.

A Estratexia de Cooperación Intelixente do rio Minho Transfronteirizo enmárcase dentro do proxecto Smart Minho a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 (INTERREG V-A) e está cofinanciado ao 75 %, cun orzamento total de 942.022,47 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones