Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

BNG reclama priorizar a conexión ferroviaria Vigo-Porto

A formación nacionalista pregunta ao executivo estatal sobre a previsión de partidas específicas para a modernización desta vía ferroviaria e da saída sur de Vigo

A formación nacionalista pregunta ao executivo estatal sobre a previsión de partidas específicas para a modernización desta vía ferroviaria e da saída sur de Vigo

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Octubre de 2021

Fuente: BNG

O BNG rexistra iniciativas no Congreso para coñecer os compromisos alcanzados entre o Goberno do Estado e o executivo portugués tras o cumio hispano-luso celebrado en Trujillo. No máis concreto, a formación nacionalista quere saber se se tratou de maneira específica a conexión ferroviaria da Galiza co norte de Portugal e se o executivo estatal incluirá nos OXE partidas suficientes para levar a cabo o novo trazado e o impulso da modernización da liña ferroviaria Vigo-Porto.

O cumio hispano-luso organizado no día de onte reuniu aos presidentes dos dous estados. Na rolda de prensa fixeron pública a súa aposta polo tren e o transporte sostíbel mais non anunciaron compromisos concretos de inversión nin acordos sobre prazos. O presidente de Portugal mencionou nas súas declaracións que unha das súas prioridades en materia ferroviaria era a conexión Vigo-Porto. A nivel ministerial tamén puxeron o exemplo dos avances que xa está en redacción o estudo informativo do proxecto da saída sur de Vigo, proxecto que leva sen avances significativos desde 2007, mais non fixou prazos.

Pola súa banda, o Presidente do Estado español, Pedro Sánchez, esqueceuse de citar a conexión do Eixo Atlántico mais si nomeou a conexión Madrid-Lisboa. Por este motivo, a organización frentista quere saber se durante o cumio, ambos estados trataron de maneira específica nas conversacións a modernización da conexión ferroviaria, tanto de viaxeiros como de mercadorías, entre Vigo e Porto.

Mesmo pregunta sobre se o executivo español rectificará e incluirá nos Orzamentos partidas específicas suficientes para acometer as obras de modernización e a adquisición de máquinas e vagóns mellores, así como a ampliación de frecuencias.

“A modernización da conexión ferroviaria entre Vigo e Porto é vital por tratarse dunha infraestrutura estratéxica para a vertebración das conexións entre Galiza e o norte de Portugal” explica o deputado do BNG. Os continuos retrasos na execución e o esquecemento do Goberno do Estado nos OXE de 2022 non contribúe a esa aposta que os dous presidentes anunciaban sobre o transporte sostíbel.

Para o deputado nacionalista, Néstor Rego, proxectos como a saída sur de Vigo, a supresión dos pasos a nivel, a mellora do trazado e a dotación con sistemas de seguranza máis avanzados continúan sen contemplarse e sen ter partidas suficientes. “O trazado do Eixo Atlántico segue sen avances sendo un proxecto prioritario para garantir o futuro económico da Galiza” enfatiza Rego.

“É imprescindíbel a modernización e a mellora do servizo desta liña. Esta actuación debe ir acompañada tamén da integración da liña de mercadorías Vigo-porto no Corredor Noroeste, garantindo o acceso a fondos europeos para o seu financiamento” sinala o deputado. Así mesmo, conclúe que esta actuación implicará unha mellora nas conexións de media distancia da Galiza, vertebrando o territorio e conectando a area metropolitana de Vigo coa comarca do Baixo Miño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí