Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Comeza a nova fase de participación da Estratexia de cooperación do Río Miño transfronteirizo 2030- coa celebración de 5 mesas sectoriais

Os cidadás interesados en participar nos encontros poderán inscribirse a través da web www.smartminho.eu/participa

Tamén terán lugar xuntanzas entre os equipos de goberno de ambas marxes do río Miño e realizarase unha enquisa online

Fecha: 20 de Septiembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Tras a realización do I Fórum do Río Miño Transfronteirizo, celebrado o pasado 21 de xuño en Valença, ábrese agora un proceso participativo para dar continuidade á elaboración da ‘Estratexia de Cooperación do Río Miño Transfronteirizo 2030'. Este documento definirá as liñas de actuación da próxima década no referido á cooperación entre Galiza e Portugal no territorio do Miño, e quere buscar un consenso de todas as administracións para un programa de investimento territorial integrado, segundo explica o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez.

Ao longo de setembro e outubro celebraranse un total de 5 mesas sectoriais sobre os ‘Sectores produtivos'; ‘Gobernanza no territorio transfronteirizo'; ‘Mobilidade, servizos e o turismo sustentable'; e ‘Cultura e o comercio tradicional', abertas todas elas á participación dos axentes sociais interesados. Tamén, e paralelamente, terán lugar varias xuntanzas cos equipos de goberno dos concellos de ambas marxes do río.

En concreto, a mesa sobre ‘Gobernanza no territorio transfronteirizo' terá lugar o 24 de setembro en Tui; as cuestións relacionadas con ‘Cultura e comercio tradicional' abordaránse o 27 de setembro en Valença; o 3 de outubro, en Valença, tratarase os temas de ‘Mobilidade, os servizos e os turismo sustentable', e a mesa sobre ‘Sectores produtivos' celebrarase en Tui o 8 de outubro. Os encontros serán en horario de tarde, para facilitar a participación cidadá, e as inscricións poderán realizarse a través da web de Smart Minho, na pestaña de participa: www.smartminho.eu/participa , onde tamén estará a información ampliada sobre cada un dos encontros.

Detrás da denominación Estratexia de Cooperación Intelixente do Río Miño Transfronteirizo, `Estratexia 2030`, atopamos un programa de actuación conxunta dos actores públicos e privados do territorio do río Miño na área do norte de Portugal e sur da provincia de Pontevedra. Este traballo de análise profunda do espazo transfronteirizo ten como horizonte futuro o novo marco financeiro europeo 2023-2027 e rematará a finais de ano coa celebración do II Fórum do Río Miño Transfronteirizo.

`A Estratexia 2030´ desenvolve un plan de acción e implementa un proceso capaz de involucrar aos actores públicos e privados (axentes económicos e sociais presentes no territorio) e será un documento-guía da orientación das políticas públicas de desenvolvemento da área transfronteiriza do río Miño, orientado e integrado nunha perspectiva de valoración e uso económico e sustentable dos recursos do río internacional.

A encargada de impulsar a Estratexia é Agrupación de Cooperación Territorial Río Miño (AECT-Río Miño), constituída pola Deputación de Pontevedra no territorio do Miño pontevedrés, e pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho portugués (CIM Alto Minho).

A Estratexia de Cooperación Intelixente do rio Minho Transfronteirizo enmárcase dentro do proxecto Smart Minho a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 (INTERREG V-A) e está cofinanciado ao 75 %, cun orzamento total de 942.022,47 euros.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí