Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Consumidores e accesibilidade no II Orzamento Participativo Transfronteirizo

A cidadanía terá ata o 20 de febreiro para elixir as actividades a realizar en 2018 ao acubillo deste proxecto incluído na Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira

A cidadanía terá ata o 20 de febreiro para elixir as actividades a realizar en 2018 ao acubillo deste proxecto incluído na Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira

Fecha: 09 de Enero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A cidadanía segue tendo a golpe de rato a última decisión sobre que actividades desenvolver ao longo deste 2018 dentro da segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo. Os veciños e veciñas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira terán ata o vindeiro 20 de febreiro para escoller tres proxectos de entre os oito presentados por parceiros de ambos os dous lados do Miño, dous deles dentro da categoría de Territorio e Medio Ambiente e que teñen aos consumidores e a accesibilidade como protagonistas.

Consumidores e accesibilidade
Nesta categoría, a Asociación Portuguesa para a Defensa do Consumidor (DECO) e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) propuxeron a iniciativa ‘Felices nas compras', un proxecto que intenta reforzar as relacións comerciais transfronteirizas entre ambos os dous municipios, informar aos consumidores sobre os seus dereitos e resolver conflitos de consumo transfronteirizo.

Cun orzamento previsto de 5.758 euros, esta iniciativa contempla a creación dun Gabinete de Apoio ao Consumidor nos dous países dotados das competencias suficientes para resolver os conflitos máis rapidamente e dar resposta aos consumidores. Ademais, prevé a creación dunha liña directa entre os colaboradores municipais para a resolución de dúbidas, dunha web que aglutine todo o proxecto e da celebración dun debate sobre o tema con figuras de renome dentro da área do Dereito do Consumo.

O segundo proxecto presentado trátase da creación dunha aplicación para dispositivos móviles inclusiva para reforzar a accesibilidade e atraer visitantes con mobilidade condicionada tanto a Tomiño como a Cerveira. Coa ‘APP Turismo Accesible' proponse a posta en marcha de itinerarios accesibles con indicación dos principais puntos artísticos, culturais e turísticos da rexión con información sobre a súa accesibilidade con audiodescrición e empregando a realidade virtual aumentada como incitadora á participación de novos públicos.

Esta iniciativa, presentada pola asociación de persoas con discapacidade Vontade, ACAPO e a Escola Superior Gallaecia, conta cun custo previsto de arredor de 7.000 euros. Comezaría coa recollida de información sobre accesibilidade en locais culturais e turísticos para seguir coa investigación e experimentación de técnicas de deseño inclusivo para a creación da app accesible e para o desenvolvemento da interactividade dos itinerarios e outros elementos da aplicación. Unha vez desenvolvida a app, probada e corrixida presentaríase ao públicio xeral.

Como votar?

Ata o vindeiro 20 de febreiro todos aqueles veciños e veciñas de Tomiño e Cerveira que aparezan rexistrados no censo electoral poderán exercer o seu dereito a voto para esta segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo. Soamente é necesario entrar na páxina web www.participacerveiratomino.eu e rexistrarse con nome, apelidos e número de DNI, premer en ‘Participa', seleccionar un proxecto por cada categoría e votar. Deberá sinalar ademais se está empadroado en Tomiño ou Cerveira e engadir un enderezo electrónico. A participación é validada tras o cruzamento da información persoal do rexistro cos datos do centro electoral, co fin de que o proceso sexa o máis transparente e seguro posible.

O Orzamento Participativo Transfronteirizo é un proxecto incluído na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerviera, cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea, e que busca implicar á poboación de ambos os dous municipios na procura de solucións para necesidades comúns.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí