Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CULTURA E EDUCACIÓN E O EIXO ATLÁNTICO REFORZAN A SÚA COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DE INICIATIVAS CULTURAIS NO MARCO DA EURORREXIÓN

O conselleiro Román Rodríguez e o presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Rio, asinaron un protocolo de colaboración

 O conselleiro Román Rodríguez e o presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Rio, asinaron hoxe un protocolo de colaboración

Fecha: 21 de Julio de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais o Eixo Atlántico reforzaron os seus lazos de cooperación no eido cultural a través da sinatura dun protocolo de colaboración para o desenvolvemento de actividades culturais no marco da Eurorrexión. O documento foi asinado polo conselleiro Román Rodríguez e o presidente do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, Ricardo Rio, nun acto no que tamén estivo presente o secretario xeral de Cultura da Consellería, Anxo Lorenzo.

Tendo en conta a potencialidade dos eventos culturais non só como xeradores de produtos propiamente culturais, senón tamén como puntos de intercambio artístico, desenvolvemento económico e de creación de emprego, as dúas institucións manifestan a súa vontade á hora de participar conxuntamente en accións organizadas no ámbito das cidades do Eixo.

Cómpre lembrar que o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular é unha asociación transfronteiriza integrada polos 38 principais concellos e entidades de Galicia e a rexión Norte de Portugal, que busca promover a cohesión económica, social e cultural da Eurorrexión mediante a vertebración dun territorio en común.

Tres actividades con espírito transfronteirizo
Entre as actividades culturais que desenvolve esta institución no marco deste sistema urbano destacan a Mostra Musical de Novos Intérpretes, a Capital da Cultura e a Bienal de Pintura. Todas elas, orientadas a dinamizar e divulgar a cultura galega e portuguesa dun xeito transfronteirizo, contan coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación.

A Mostra Musical de Novos Intérpretes nace en 2008 para recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica da música, apoiando os intérpretes que polo seu valor e interese poidan contribuír á difusión do gusto pola música de Galicia e do Norte de Portugal. En cada edición chegan a reunirse ata preto de 300 alumnos e alumnas das escolas de música e conservatorios das cidades do Eixo Atlántico.

Pola súa banda, a Capital da Cultura impulsa a posta en valor dos artistas da Eurorrexión, acollendo tamén países historicamente conectados a Galicia e a Portugal. Mentres que a Bienal de Pintura, con máis de 20 anos de historia e un éxito e participación que a avalan, pretende fomentar a creación artística, facilitando a un mesmo tempo o intercambio cultural e o coñecemento de artistas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones