Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - 15 LOCALIDADES FRONTEIRIZAS ÚNENSE NA SINATURA DO PACTO DO RÍO MIÑO

A sinatura deste pacto promoverá a presentación dunha candidatura conxunta nomeada Ecotur 2.0

Este proxecto Interreg V A Portugal-España conta cun presuposto global estimado de 6 millóns de euros, ó que se pretende acceder durante o período 2015-2018

Fecha: 11 de Marzo de 2015

Fuente: Infomiño.com

A Pousada de S. Teotonio en Valença do Minho, acolleu na xornada do 10 de Marzo de 2014 a sinatura do Pacto do Río Miño Transfronteirizo, asinado por polos 15 edís dos 6 municipios do Alto Minho portugués (Caminha, Melgaço, Monção, Valença, Vila Nova de Cerveira e Paredes de Coura) e os 9 edís dos concellos do Baixo Miño galego (A Caniza, A Guarda, Arbo, As Neves, Crecente, Rosal, Salvaterra do Miño, Tomiño e Tui).

Este pacto enmárcase no proxecto "Uniminho - ECOTUR 2.0", unha modalidade de cooperación fronteiriza para participar no Programa Interreg V A (POTEC) Portugal-España, co cal   se pretende promover unha oferta estructurada e organizada do territorio coma un destino ecoturístico de excelencia, preservando os espazos naturais ligados o cauce do Río Miño.

Este proxecto Interreg V A Portugal-España conta cun presuposto global estimado de 6 millóns de euros, ó que se pretende acceder durante o período 2015-2018, mediante a sinatura deste pacto, apelando a unha mellor distribución dos financiamentos comunitarios para o Norte de Portugal e Galicia.

Entre as actividades previstas atópanse a implementacion dun plano de expansión da actual rede de Corredores/vías verdes fronteirizas, posta en valor do patrimonio natural, cultural e propio do Río Miño fronteirizo, accións piloto de conservación e protección da biodiversidade rural e urbana, implementación de programas educativos e de sensibilización ambiental, entre outros.

O ECOTUR 2.0 ven a sustutuír ó actual POCTEP 2007-2014, e pretende aumentar o gasto real nos concellos da raia, que recibiron co POCTEP tan só un 20% dos fondos europeos.

O proxecto Uniminho ECOTUR 2.0 está aberto a participación de outras entidades locais e rexionais que teñan coma fin promover e preservar a biodiversidade do Río Miño e as súas ribeiras, polo que se realizarán novos contactos para promover unha maior implicación e un ponto de vista xeral das actuacións a realizar na zona fronteiriza do Miño, que conta cunha poboación total duns 160 mil habitantes nuns 1560km2.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 10/03/2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones