Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - Nace -Río miño- unha marca de identidade para o territorio transfronteirizo

Carmela Silva asegurou que -hoxe estamos facendo historia- e reivindicou a necesidade de contar con fondos europeos para proxectos tan importantes coma este

-Esta é unha marca que vai moito máis alá do turismo, é a marca de todos os miñotos e miñotas, e de todas as riquezas que temos para ofrecer-, apuntou Benítez

Fecha: 15 de Abril de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

"Un río, dous países, grandes experiencias" é o claim elixido para acompañar a nova imaxe da marca ‘Rio Minho' que se presentou hoxe no Parador de Tui, nun acto que contou coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; do vice director do AECT Rio Minho, João Fernando Brito Nogueira; e do director da AECT Rio Minho e deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez.

Coa creación desta marca, explicou Benítez, "daremos a coñecer e poremos en valor todas as riquezas e patrimonio do territorio do Río Miño Transfronteirizo. Dende Crecente e Melgaço, ata a desembocadura do Miño, temos un territorio cheo de atractivos". Segundo afirmou "A marca ‘Río Miño' é o conxunto de todas estas riquezas, da nosa oferta cultural, de ocio, gastronómica e turística, das que nos temos que sentir moi orgullosos e orgullosas como miñotos e miñotas".

A marca responde a unha visión "supramunicipal e transfronteiriza do turismo". Cada un dos concellos e cámaras municipais que comprenden o territorio do Río Miño Trasfronteirizo "son interesantes por si sos e teñen moito que ofrecer, pero cando sumamos, obtemos un destino único, orixinal e diferente que nos coloca na vangarda do turismo actual e nos fai destacar sobre o resto".

"Durante séculos, ser fronteira confinounos a estar na marxe pero hoxe en día, ser fronteira é precisamente un dos nosos maiores incentivos para quen nos visita. Temos unha identidade e unha personalidade propia, aquí somos de Galiza e de Portugal, pero sobre todo somos miñotos e miñotas, e algo que para nós é tan natural, fascina a quen nos visita". Precisamente, segundo explicou Benítez, "este carácter transfronteirizo é o que nos fai especiais e debemos velo así, e aproveitar todo o noso potencial turístico para desenvolver economicamente o territorio".

"A marca Río Miño é unha marca de identidade, a marca dun territorio transfronteirizo que ten carácter propio. A nosa gastronomía, os nosos viños, a nosa historia, as pesqueiras, as fortalezas, os festivais de cinema, os de música, os parques... todo iso engloba a marca Rio Miño, porque todo iso somos nós".

O evento de presentación estivo conducido pola blogueira de viaxes portuguesa Zara Quiroga e polo actor galego Suso Pando, e contou coa presenza de numerosos representantes institucionais, culturais e turísticos do territorio, así como dos principais organismos públicos galegos e portugueses.

A marca ‘Rio Minho', froito dun rigoroso estudo, é un produto contemplado no proxecto Visit Rio Minho para potenciar a visibilidade do territorio transfronteirizo do río Minho como destino ecoturístico de calidade, así como para incentivar a súa preservación e valorización.

Unha historia milenaria

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou que co nacemento desta marca estamos "facendo historia" e lembrou o pasado milenario deste territorio que, xunto co mediaterráneo, foi un dos focos económicos e sociais máis importantes do mundo. Neste sentido apuntou precisamente á relevancia do río Miño, "o noso río pai" que non debemos ver como fronteira nunca máis senón unión. Temos unha obriga con esta xeración e coas que van a vir: a obriga de manter este patrimonio cultural, lingüístico, histórico, económico, social que recibimos e dalo a coñecer.

A presidenta aproveitou a ocasión para reivindicar que os fondos europeos para desenvolvemento transfronteirizo se invistan realmente na fronteira e permitan levar adiante proxectos como este Visit Rio Minho que repercutan positivamente no territorio. Por último, Silva dixo sentirse tamén un pouco miñota, con moito orgullo.

Pola súa banda, o vide director do AECT Rio Minho e presidente da Camara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Joao Brito Nogueira, destacou que esta é "unha marca secular, sobradamente coñecida e recoñecida mundialmente, con un potencial económico, cultural, ambiental e turístico inigualable. Aludindo a un perfil de turista cada vez máis esixente, Nogueira asegurou estar diante "un diamante que precisa de ser pulido, e esta acción vén dar corpo, dar sustentabilidade a esta idea, a través dos elementos diferenciadores de cada concello, e contribuír enriquecer esta marca tan singular." O río Minho ten o que se pode denominar unha simbiose perfecta que merece ser compartida con todo o mundo, e esta marca ven aportar máis competitividade, atractivo e conectividade", concluíu.


O proxecto Visit Rio Minho

O proxecto Visit Rio Minho, confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

O obxectivo do proxecto é a capitalización da marca Río Minho a través de actividades transfronteirizas de preservación, cualificación e valorización ambiental dos recursos endóxenos asociados á promoción e comunicación do río como destino ecoturístico.

Son socios de Visit Rio Minho a Deputación de Pontevedra (socio principal), a AECT Rio Minho, o Centro Tecnolóxico do Mar - CETMAR, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho - CIM Alto Minho, o Centro de Estudios Euro Rexionais Galicia Norte de Portugal (FCEER), a Universidade de Vigo e os concellos de Vila Nova de Cerveira, Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura e Valença.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

Carmela Silva asegurou que -hoxe estamos facendo historia- e reivindicou a necesidade de contar con fondos europeos para proxectos tan importantes coma este

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí