Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Os municipios e axentes sociais da -raia- únense no I Fórum do Río Miño Transfronteirizo

Valença do Miño acolleu o xoves 21 de xuño a primeira edición deste foro de cara a crear unha extratexia que axude á captación de fondos comunitarios

Valença do Miño acolleu o xoves 21 de xuño a primeira edición deste foro de cara a crear unha extratexia que axude á captación de fondos comunitarios

Fecha: 22 de Junio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O I Fórum do Río Miño Transfronteirizo celebrouse este xoves día 21 de xuño en Valença cunha participación cidadá histórica, reunindo a máis dun centenar de axentes sociais do territorio na Escola Superior de Ciências Empresariais para debater as bases da que será a ‘Estratexia 2030´, que dará forma á cooperación transfronteiriza do territorio durante a próxima década. Representantes sociais de áreas tan diversas como a gobernanza, o turismo, a información, a mobilidade, a educación ou a integración social participaron en catro mesas de debate, que destacaron polo seu dinamismo e o número de intervencións, e que foron coordinadas por un equipo de expertas e expertos universitarios que puideron recoller as propostas, inquedanzas e ideas das persoas participantes.

Ao longo da xornada quedou manifesto o compromiso e implicación de todos os axentes sociais, económicos e culturais, así como das autoridades políticas, para seguir traballando nos próximos meses na elaboración da ‘Estratexia 2030', un plan enmarcado dentro do proxecto de cooperación transfronteiriza Smart Minho, e que se presentará nun II Fórum Transfronteirizo a finais de 2018. A realización dun estudo e diagnose do territorio do río Miño transfronteirizo como espazo común espertou un palpable sentimento de entusiasmo entre as persoas asistentes.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, quen participou no Foro co deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, amosou a súa emoción porque "hoxe aquí estamos a impulsar unha idea que ten por obxectivos transformar dende o coñecemento, dende a intelixencia, dende propostas serias e rigorosas, o río Miño mediante un proxecto de desenvolvemento que ten como centro ás persoas que viven a ambos lados da súa ribeira". Neste contexto, Silva puxo en valor o río como "elemento centralizador de dous grandes espazos territoriais que teñen inmensas potencialidades de futuro e que debemos construír conxuntamente".

Na súa intervención, a presidenta provincial urxiu a elaborar proxectos para este territorio transfronteirizo "e facelo rápido, porque a nova programación de fondos europeos está xa aí e debemos ter voz na Unión Europea". Deste xeito, Carmela Silva destacou a necesidade de aproveitar o foro e o traballo conxunto "para definir unha estratexia que podamos defender a nivel autonómico, estatal e europeo para que os fondos Interreg, que foron recortados, se empreguen de xeito axeitado para promover proxectos nos territorios transfronteirizos". Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación de Pontevedra pediu un cambio de modelo e máis recursos para poñer en marcha actuacións no Norte de Portugal e Sur da provincia de Pontevedra.

Carmela Silva puxo en valor tamén o traballo desenvolvido polas presidentas e presidentes das Cámaras Municipais, e alcaldesas e alcaldes da provincia de Pontevedra "que durante tantos anos, e sen contar coa axuda de organismos intermedios e doutras administracións, loitaron para poñer en marcha proxectos transfronteirizos neste espazo". En concreto, a presidenta enxalzou o papel das administracións locais por ser "as que mellor coñecen as demandas, retos e desafíos dos seus territorios" e o papel que a nova AECT Río Miño vai desenvolver para "dar voz e defender os dereitos dos territorios transfronteirizos".

Finalmente, a presidenta da Deputación tivo palabras de agradecemento para as persoas organizadoras do Foro por "promover un proxecto conxunto facendo partícipe á sociedade. A nova política é aquela que conta coa cidadanía para decidir cales son os proxectos de futuro, así que hoxe estou satisfeita e emocionada por ver que todas e todos estamos aportando coñecemento e comprometéndonos para que centren os ollos neste espazo que ten tanta potencialidade".

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, manifestou a súa enorme satisfacción "non só pola gran acollida deste I Fórum, que xa se pode calificar de histórico, senón tamén pola implicación e interese de todas as persoas asistentes, que quedou manifesto nas numerosas intervencións que se realizaron durante as mesas temáticas, nas que houbo a oportunidade de debater e aportar diferentes visións sobre as necesidades e retos do territorio."

Benítez aproveitou a ocasión para poñer o acento tamén sobre a necesidade de que os fondos europeos cheguen aos territorios estritamente fronteirizos e lembrou que "as rexións transfronteirizas son as menos desenvolvidas socio economicamente xa que durante moitos anos existiron verdadeiras trabas para crecer da man dos nosos veciños e veciñas da outra marxe do río, posto que as fronteiras nolo impedían. Precisamente para reverter estes desequilibrios naceron os fondos Interreg que perseguen compensar eses desequilibrios". Por último, o deputado salientou que "a elaboración desta Estratexia 2030 garantirá a recuperación dos fondos europeos para o territorio transfronteirizo do Miño".

O I Fórum do Río Miño Transfroteirizo enmárcase nas accións de Estratexia de Cooperación Intelixente Transfronteiriza do proxecto Smart Minho, que conta cunha inversión de orzamento de 942.022,47 euros, cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

Valença do Miño acolleu o xoves 21 de xuño a primeira edición deste foro de cara a crear unha extratexia que axude á captación de fondos comunitarios

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones