Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN DA AXENDA ESTRATÉXICA DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA CERVEIRA-TOMIÑO

Realizousena mañá do Martes 1 de Marzo no 1º andar do Mercado de Tomiño

Neste acto estiveron presentes os alcaldes dos dous municipios, Sra. Sandra González e Sr. Fernando Nogueira, así coma unha representación municipal e autoridades.

Fecha: 02 de Marzo de 2016

Fuente: Infomiño.com

Na mañá do Martes día 1 de Marzo de 2016, tiña lugar no 1º andar do Mercado de Tomiño a presentación da Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño.

Neste acto estiveron presentes os alcaldes dos dous municipios, Sra. Sandra González e Sr. Fernando Nogueira, así coma unha representación municipal e autoridades.

A estratexia de cooperación transfronteiriza nace da vontade compartida pola Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira e o Concello de Tomiño de estableceren liñas de actuación conxuntas para o desenvolvemento integral do seu territorio, dentro da estratxia Europa 2020, e que se concreta, no que atinxe ao espazo da Eurorrexión, no Plan de Investimentos Conxunto Galiza - Norte de Portugal.

O propio proceso de elaboración da Axenda Constitúe unha oportunidade parapensar de xeito innovador e flexible, o deseño dun futuro sostible deste espazo ribeirán con metas, obxectivos, e accións coherentes e realizables, mediante unha participación aberta e empla, promovendo a implicación dos axentes sociais e económicos dunha e outra beirado río.

No contexto da Eurorrexión, o territorio Cerveira - Tomiño vense a integrar nun espazo comarcal máis amplo: o Val do Miño Transfronteirizo ocupando un lugar centrado non só dentro deses dous territorios, só en apariencia afastadospolo río, senón tamén no que atinxe a dúas das áreas funcionais máis importantes da Eurorrexión, como son Vigo e Porto - Braga. Cuestión que se considera importante para caracterizar correctamente a potencialidade deste rerritorio que conforman o Concello de Tomiño e Cerveira.

 

Dentro do proxecto establécense varios eixos estratéxicos con diferentes liñas de actuación, prioridades operativas e accións.

No Eixo 1, establécese o Río Miño coma recurso común a potenciar, mediante as liñas de actuación están: Protección e valorización integral do espazo fluvial como base do desenvolvemento sostible, Basear a oferta terrritorial na promoción dos valores naturais , culturais, económicos e históricos do río e Potenciar o atractivo turístico e de lecer con accións conxuntas.

No Eixo 2, a mobilidade transfronteiriza e o desenvolvemento territorial sostible, acadaráse coa promoción de modos de transporte público transfronteirizo inseridos nos sistemas metropolitanos, afortalar os centros urbanos de Vilanova de Cerveira e Tomiño e a mellora da accesibiidade e mobilidade para tod@s.

No Eixo 3, traballaráse na xestión compartida dos servizos e equipamentos públicos locais, mediante unha xestión conxunta das infraestructuras, equipamentos e servizos existentes no ámbito dos respectivos concellos, promoción da cohesión social e a igualdade de oportunidades mediante programas conxuntos de dinamización e intervención así coma a coordinación na protección fronte a emerxencias e xestión de riscos.

No Eixo 4, un desenvolvemento económico desde a cooperación intelixente, melloraráse a cooperación pública e privada, clave do desenvolvemento sostible, a actividade industrial e agraria como fundamento  da economía local, o turismo como actividade complementaria na estructura económica local e o emprego e inserción laboral como obxectivo fundamental.

Esta candidatura ó Programa Operativo Europeo de Cooperación Trasfronteiriza (POCTEP)- INTERREG V-A ten previsto un custe total de 593.026,44€, agardándose un cofinanciamento dun 75% con cargo ós fondos FEDER da Unión Europea.

Tomiño e Cerveira tamén participan noutra candidatura, que a Deputación e CIM Alto Miño, presentaron baixo o nome de VISIT RIO MINHO, un proxecto de formación do parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza, que foi presentado o pasado dia 13 de febreiro en Tui polos presidentes de ambas institucións e mais o deputado-delegado para a cooperación trasfronteiriza no Miño, Uxío Benitez. 

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 1 Marzo 2016
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones