Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - Tomiño e Cerveira constituense en Eurocidade

O principal propósito é seguir avanzando na organización de actividades conxuntas, na redución de barreiras legais e na xestión compartida de servizos públicos

O principal propósito é seguir avanzando na organización de actividades conxuntas, na redución de barreiras legais e na xestión compartida de servizos públicos

Fecha: 05 de Octubre de 2018

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

A historia do irmandamento existente dende hai moitos anos entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, deu este xoves un paso máis coa constitución da Eurocidade Cerveira-Tomiño.

Hai catro anos creouse a Axenda Estratéxica de Cooperación Amizade Cerveira-Tomiño, cunha programación anual conxunta de actividades culturais e deportivas, con participación da cidadanía, dentro do denominado "Orzamento Participativo Transfronteirizo" (OPT). Todo ese traballo conxunto derivou na aprobación da constitución da Eurocidade Cerveira-Tomiño, coa que ambos os dous concellos buscan seguir avanzando na cooperación e na xestión compartida de equipamentos e servizos públicos.

O acto oficial tivo lugar no medio da Ponte Internacional da Amizade, coa presenza dos dous rexedores locais, Fernando Nogueira e Sandra González; da xefa territorial en Pontevedra da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Marta Mariño, e da vicepresidenta da Comissao de Coordinaçao e Desenvolvemento Regional do Norte (CCDR-N), Ester Silva. Tamén asistiron representantes da Armada Española e da Marina Portuguesa; da Comunidade de Traballo Galicia- Norte de Portugal, valedoras transfronteirizas, concelleiros, concelleiras e o deputado provincial Uxío Benítez.

Abriu o acto a Academia de Música Fernandes Fao de Vila Nova de Cerveira, logo do cal as concelleiras de Cultura de Cerveira e Tomiño, deron lectura a unha addenda á Carta da Amizade Cerveira-Tomiño, necesaria para a constitución da Eurocidade.

A continuación, tomou a palabra a alcaldesa de Tomiño, para comezar lembrando a longa historia de cooperación entre as dúas vilas, coa participación veciñal coma piar fundamental. "Estou convencida de que a participación dos veciños e veciñas será tamén o éxito da Eurocidade. Será moi importante que a sintan como súa, como unha ferramenta máis para buscar solucións compartidas para necesidades comúns", salientou.
A situación estratéxica de Tomiño e Cerveira foi outro dos puntos que enunciou con optimismo. "Temos próximas metas nesta Eurocidade, como a consolidación dese gran parque transfronteirizo a través da pasarela peonil", avanzou, lembrando ao mesmo tempo a necesidade de solucionar a nivel estatal, trámites que permitan unha maior mobilidade na fronteira e consolidar unha vella aspiración da raia, coma é un tren que una o Eixo Atlántico.

O presidente da Cámara de Cerveira, pola súa banda, salientou a consolidación real da vontade política e cidadá de traballar e convivir xuntos. "Hoxe estamos a dar un paso histórico para o ben das nosas comunidades, con mellores condicións de vida e excelentes relación" precisou o mandatario luso.

O peche do acto estivo a cargo dun dúo da Agrupación Musical de Goián.
 

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

O principal propósito é seguir avanzando na organización de actividades conxuntas, na redución de barreiras legais e na xestión compartida de servizos públicos

 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones