Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Estudantes de xeografía da Universidade de Santiago visitan a sede do AECT Río Miño en Valença

O secretariado técnico do AECT explicoulles o funcionamento deste instrumento de cooperación transfronteiriza e as principais liñas de acción da Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030

O secretariado técnico do AECT explicoulles o funcionamento deste instrumento de cooperación transfronteiriza e as principais liñas de acción da Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030

Fecha: 30 de Marzo de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

Un grupo de estudantes de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela visitou esta mañá a sede do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Rio Minho) no municipio de Valença .

O secretariado técnico do AECT, composto por Lois Pérez Castrillo e Antonio Torres, foi o encargado de guiar aos estudantes durante a visita así como explicarlles o funcionamento deste instrumento de cooperación transfronteiriza. Así mesmo, detallóuselles as principais liñas de acción da Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030.

AECT Rio Miño

O AECT Rio Minho é un instrumento de cooperación, con personalidade xurídica propia, integrada pola Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho. Constituíuse en Valença o 24 de febreiro de 2018 no marco do proxecto Smart Minho, para superar as dificultades atopadas na implementación de proxectos no territorio transfronteirizo.

O obxectivo prioritario O AECT Rio Minho é lograr a máxima cohesión económica e social da rexión transfronteiriza do val do Río Miño a través da posta en marcha de programas, proxectos e accións comúns entre os territorios galego e portugués con iniciativas como: a valorización e promoción dos recursos do territorio, a promoción do patrimonio cultural e natural común, a captación de financiamento europeo e estatal para as diferentes iniciativas de emprendemento, a creación e consolidación dunha marca turística "Río Miño" como elemento de identificación do territorio e impulsar servizos e equipamentos compartidos entre os municipios de ambas as beiras do Miño.

O Val transfronteirizo do Miño está situado no eixo Vigo-Porto e abrangue 26 concellos con unha poboación de 376.000 habitantes e unha extensión de 3.312 quilómetros cadrados, sendo a fronteira ibérica máis poboada e transitada. Esta área concentra o 47 % do tránsito medio de vehículos entre ambos os estados.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones