Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Maica Larriba fai un chamamento a que o Río Miño sirva como un polo de desenvolvemento e non unha fronteira

Os alcaldes e alcaldesas e os presidentes das Cámaras asinan o recoñecemento das fronteiras entre Portugal e España

Os alcaldes e alcaldesas e os presidentes das Cámaras asinan o recoñecemento das fronteiras entre Portugal e España

Fecha: 26 de Septiembre de 2018

Fuente: Subdelegación del Gobierno en

A Subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, subliñou hoxe no acto de recoñecemento das fronteiras do río Miño entre Portugal e España que "as augas deben servir como un polo de desenvolvemento de ambas beiras e non como unha fronteira". Larriba asistiu xunto os alcaldes e alcaldesas de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves e Crecente e o tenente de alcalde de Arbo e os presidentes das cámaras municipais de Caminha, Valença e Vilanova ao acto de recoñecemento das fronteiras que anualmente deben facer os mandatarios locais como recolle o Tratado de Límites entre Portugal e España do cal cómprese os 150 anos da súa entrada en vigor, tal e como recordou a Subdelegada do Goberno en Pontevedra.

O acto desenvolveuse no patrulleiro da Marinha Portuguesa "Río Miño" e o "Cabo Fradera" da Armada Española e estivo presidido polo comandante da Forza Marítima de Ferrol, Fernando Suárez Fonseca e polo Vicealmirante da Autoridad Marítima lusa, Luis Carlos de Sousa Pereira, a amais do comandante Naval do Miño, Ignacio Tobarra e o seu homólogo luso, Pedro Cerváns.

Os patrulleiros atopáronse no medio do Miño a altura de Goian e procedeuse a rúbrica do recoñecemento das fronteiras de cada país polos rexedores municipais de ambas beiras do río.

Maica Larriba destacou que a fronteira que marca o río Miño "esta superada polos veciños e veciñas de ambos lados pero moito máis dende 1995 cando entra en vigor a eliminación das fronteiras interiores da Unión Europea". Para a Subdelegada o río Miño e un patrimonio "que todos debemos coidar pola potencialidade económica, turística e paisaxística que ten o Miño".

A Subdelegada subliñou que todas as administracións debemos "velar por manter estas magnificas relacións entre ambos países senón tamén para que o Miño sexa un lugar de oportunidade para esta comarca española como, estou segura, que o están a facer tamén os nosos homólogos lusos".

Larriba tamén tivo palabras de agradecemento para a Armada Española e a Marihna Portuguesa por coidar o Miño e mantelo para o desfrute de todos os veciños e veciñas de ambas beiras do río. "Quero rematar, na língua de Camoes, agradecendo a hospitalidade de nossos irmaos e irmas lusos que nos tem recebo a bordo do patrullero Rio Minho", concluíu a Subdelegada do Goberno.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones