Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O absoluto deixamento do Ministerio obriga á Deputación de Pontevedra a paralizar o protocolo dos castros da provincia

O goberno provincial decide asumir con fondos propios a consolidación dos castros xa escavados ante o serio perigo de deterioración e esixirá a Fomento o futuro reembolso

O Castro de Mergelina, no Monte de Sta. Trega na Guarda, permanece abandoado dende o remate das pasadas excavacións

Fecha: 29 de Septiembre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O goberno da Deputación de Pontevedra decidiu paralizar preventivamente o programa de posta en valor dos 18 castros da provincia integrados no Protocolo asinado en marzo de 2015 co Ministerio de Fomento, ante a desidia do goberno central que ata o momento non executou nin unha soa das actuacións ás que se comprometeu no documento.

A día de hoxe, a Deputación xa finalizou as escavacións nos castros do Trega (A Guarda), Alobre (Vilagarcía) e Mercado dous Mouros (Valga) e seguía traballando no xacemento da Lanzada (Sanxenxo), cumprindo escrupulosamente a planificación acordada no seu día con Fomento, mentres a conservación e musealización que debe realizar o Ministerio nin sequera está contratada para ningún dos castros, a pesar de que a Lei de Orzamentos Xerais do Estado de 2015 xa recollía a partida orzamentaria para os 18 xacementos cun custo total de 4.314.350 euros. Todo iso demostra o total deixamento do Ministerio no manexo do expediente administrativo para contratar os traballos que lle corresponden e que seguen esperando o seu inicio desde hai ano e medio

A falta de acción do Ministerio e as súas evidentes intencións de non acometer a intervención, que xa provocaron unha carta da presidenta expresando a súa preocupación fai tan só tres semanas, confirmáronse novamente na reunión que técnicos da Deputación e de Fomento mantiveron en Madrid o pasado luns. Nesa reunión, os técnicos do Ministerio informaron da súa incapacidade de executar o seu parte do protocolo ata novembro de 2017 e iso só a nivel de proxectos xa que, ademais, a contratación das obras non se podería realizar ata 2018

Ante esta alarmante situación que pon en perigo a rehabilitación dos xacementos e conduce a unha deterioración dos mesmos, os arqueólogos directores das obras recomendaron de momento non seguir traballando na Lanzada e non realizar as escavacións e limpezas comprometidas noutros castros ata que o Ministerio comece a consolidar e musealizar os xa escavados.

A propia Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura advertiu á Deputación que se teñen que concretar as datas nas que se realizarán as consolidacións definitivas que, segundo o Protocolo corresponden ao Ministerio, e alerta tamén da deterioración que poden sufrir as estruturas que xa están ao descuberto.

Por todo iso, a presidenta da Deputación remitiu un novo escrito ao Ministro de Fomento, Rafael Catalá, esixindo unha resposta inmediata, xa que está en xogo o patrimonio arqueolóxico e a inactividade do goberno central supón un atentado á súa recuperación pola delicada situación deste tipo de xacementos e a súa fraxilidade ante a climatoloxía. O goberno provincial esixe ademais de forma urxente a convocatoria inmediata da Comisión de Seguimento do Protocolo.

O goberno da Deputación nun exercicio de responsabilidade, e ante o serio perigo que corren as escavacións, decidiu dedicar todos os recursos económicos comprometidos para os traballos nos castros que estaban pendentes á consolidación inmediata dos xacementos xa escavados, a pesar de ser unha obrigación de Fomento. Así mesmo, solicitáronse senllos informes xurídicos para estudar a responsabilidade do Ministerio e as reclamacións económicas que se deriven. Igualmente esixe ao goberno central a firma inmediata dun convenio que regule todas as actuacións

Ademais, a Deputación enviou información a todos os concellos onde están situados os castros e solicitoulles o seu apoio para que o Ministerio de Fomento cumpra coas súas obrigacións

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones