Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O AECT Rio Minho aproba as contas e o informe de actividades do ano 2018

A entidade centrou os seus esforzos na mellora cooperación transfronteiriza e o apoio a proxectos europeos que se están a desenvolver no territorio

A promoción da marca Río Miño será un dos principais eixos de actuación nos próximos meses

Fecha: 27 de Abril de 2019

Fuente: AECT Río Minho

A Asemblea Xeral do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño reuniuse onte en Valença para aprobar as Contas e o Informe de actividades correspondentes ao periodo de 2018.

Segundo explicou o director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, durante o 2018, a entidade concentrou gran parte dos seus recursos en actividades de consolidación institucional na rexión a través de dinámicas locais de cooperación transfronteiriza, no apoio á implementación do proxecto ‘Smart Miño', cofinanciado polo Interreg V-A, e na presentación do AECT Rio Minho ante relevantes entidades rexionais, nacionais e europeas.

Así mesmo, segundo apuntou Benítez, houbo tamén un esforzo moi significativo na promoción de actividades que contribúan á preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, como a creación da marca ‘Río Miño', unha acción enmarcada no proxecto ‘Visit Rio Minho', do que tamén son socias a Deputación de Pontevedra e o CIM Alto Minho, e que conta igualmente con cofinanciamento do programa Interreg V-A. Precisamente, reforzar a difusión desta nova marca para o territorio e a súa consolidación como elemento identificativo da xeografía miñota, será un dos principais eixos de actuación do AECT neste 2019.

Ademais, o AECT Rio Minho presentou unha nova candidatura aos fondos europeos, o proxecto Red Lab Minho, cun investimento global de arredor de 431.745 euros e dirixido á dirixido a apoiar as dinámicas bilaterais de cooperación transfronteiriza do territorio do AECT Rio Minho, que se espera que sexa aprobado nas próximas semanas.

Por último, Benítez destacou tamén o labor de soporte regular que, no ámbito do protocolo realizado coa Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, se lle deu ao proxecto "Amizade Cerveira-Tomiño".

O informe de contas, relativo aos seis meses de xestión do AECT Rio Minho en 2018, de xullo a decembro, contempla un orzamento global de 62.326,70 euros, dos que foi executado o 75%, é dicir 45.963,51 €.

Disolución de Uniminho

Por outra parte, a Asociación do Val do Miño Transfronteirizo (Uniminho) puxo hoxe o punto final a un traballo de máis de dez anos, cuxas funcións e proxectos agora "herdará" o AECT Rio Minho, nunha lóxica de continuidade na persecución dos mesmos obxectivos globais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí