Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O AECT Rio Minho estréase ante o resto de agrupamentos europeos de cooperación transfronteiriza

Benítez destaca a importancia deste encontro, no que se tratará a actualidade e as negociacións en curso en materia de cooperación transfronteiriza de toda a Unión Europea

Benítez destaca a importancia deste encontro, no que se tratará a actualidade e as negociacións en curso en materia de cooperación transfronteiriza de toda a Unión Europea

Fecha: 27 de Septiembre de 2019

Fuente: AECT Río Minho

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director AECT Rio Minho, Uxío Benítez, participará o venres 27 de setembro, no IX Annual Meeting of EGTC Platform', que este ano se celebra en Palma de Mallorca. Benítez sinalou a importancia de asistir a este encontro no que se dan cita todos Agrupamentos Europeos de Cooperación Transfronteiriza para discutir sobre os asuntos actuais relacionados cos AECT, o futuro da Cooperación Territorial Europea, as negociacións en curso no Consello da Unión Europea e os mecanismos de Cooperación Transfronteiriza Europeos.

O encontro anual serve tamén para a presentación das entidades europeas de nova creación, como é o caso do AECT Rio Minho, que terá un espazo reservado durante a sesión matinal para dar a coñecer a agrupación e algúns dos seus proxectos máis destacados, como son a elaboración da Estratexia Rio Minho 2030, a creación da marca Rio Minho ou o estudo de mobilidade dirixido a identificar e solventar as trabas legais e administrativas do transporte entre un e outro lado da fronteira.

Uxío Benítez lembrou que a cooperación transfronteiriza recibiu en 2006 un importante impulso da Unión Europea mediante a creación da figura xurídica dos Agrupamentos Europeos de Cooperación Territorial (AECT), tendo en conta que máis dunha terceira parte da cidadanía da UE vive nas rexións fronteirizas, e que estas fronteiras afectan directa ou indirectamente ás súas vidas en cuestións relacionadas co transporte, a educación, a atención sanitaria, a enerxía a formación ou a creación de emprego transfronteirizo.

O 4 de abril de 2018 a Deputación de Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho crean o AECT Rio Minho a través dunha das accións do proxecto Smart Minho (cofinanciado ao 75% por fondos FEDER) e o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez é designado como director do ente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones