Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O AECT Rio Minho estudará os problemas de mobilidade transfronteiriza grazas á aprobación dun novo proxecto europeo

O financiamento chega a través da iniciativa B- Solutions de proxectos piloto nas fronteiras da UE

O financiamento chega a través da iniciativa B- Solutions de proxectos piloto nas fronteiras da UE

Fecha: 13 de Junio de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Rio Minho (AECT Rio Minho) recibíu a aprobación dun novo proxecto no marco da iniciativa B-Solutions, promovida pola Asociación das Rexións Fronteirizas Europeas (AEBR) baixo a supervisión da DG Regio.

B-Solutions é unha convocatoria para o financiamento de 20 micro proxectos piloto destinados a solventar as barreiras de carácter administrativo e legal que se verifican nas fronteiras en áreas como o emprego, a saúde, o transporte, o plurilingüismo e/ou cooperación institucional, e está orientada principalmente a entidades públicas, como é o caso do AECT Rio Minho.

O proxecto promovido polo AECT Rio Minho, Boosting Minho River Cross-Border Mobility, ten por obxectivo o estudo dos problemas de mobilidade transfronteiriza no ámbito do Río Miño, para o que recibíu un financiamento de 25.000 € destinados a asesoramento.

Con este financiamento, o AECT Rio Minho poderá dispor dun experto xurídico con coñecemento en instancias transfronteirizas que colabore na estruturación, definición e identificación dos obstáculos para a mobilidade transfronteiriza no territorio do Rio Miño, así como na elaboración dunha proposta de solucións para propoñer ás diferentes Administracións e un marco legal desde o que proceder para acometelas. O período de execución do proxecto é de 4 meses.

Segundo explicou o director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, "a virtualidade e importancia da aprobación desta candidatura non é tanto o seu monto económico senón o reducido número de propostas que se admiten dando visibilidade ao AECT en Bruxelas", diante dos órganos comunitarios e permitíndolle "participar en foros internacionais de debate e construíndo relacións institucionais que abren portas cara a outras subvencións".

Smart Minho e Visit Rio Minho

Desde novembro, o AECT Río Miño é socio do proxecto denominado "Estratexia de Cooperación Intelixente do Rio Minho Transfronteirizo", Smart Minho; desde o que se impulsou a elaboración da "Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030" e que tamén inclúe a posta en marcha de diferentes plans piloto de mobilidade e cultura, xestionados conxuntamente entre España e Portugal.

Por outro lado, un dos obxectivos do AECT Rio Minho é promover o Río Miño Transfronteirizo como un destino ecoturístico de excelencia, a través da posta en valor do seu patrimonio natural e cultural e a creación dunha marca de identidade, Rio Minho, para que permita dar a coñecer, tanto o territorio como os seus produtos. Estas liñas de actuación están recollidas dentro do proxecto Visit Río Minho, que entre outras actividades tamén contempla a creación dunha rede de sendeiros transfronteirizos, un grande atractivo para aqueles turistas que busquen destinos de natureza, calidade e non masificados.

Visit Rio Minho e Smart Minho son proxectos cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa Interreg VA España- Portugal (POCTEP) 2014 -2020", neste caso aprobados na primeira candidatura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones