Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O AECT Rio Minho incorpora como director ao novo alcalde de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira

A parte galega da organización transfronteiriza, que agora ostenta a vicepresidencia co deputado Uxío Benítez, volverá facerse cargo da dirección a mediados de 2022

A parte galega da organización transfronteiriza, que agora ostenta a vicepresidencia co deputado Uxío Benítez, volverá facerse cargo da dirección a mediados de 2022

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Noviembre de 2021

Fuente: AECT Rio Minho

O Consello Coordinador do Agrupamento Europeo de Cooperación Transfronteiriza AECT Rio Minho vén de nomear ao recentemente renovado alcalde de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, como novo director nun acto oficial celebrado en Valença. A parte galega da organización transfronteiriza, que ostenta a vicepresidencia co deputado Uxío Benítez, volverá facerse cargo da dirección rotatoria a mediados de 2022.

A designación de Teixeira como novo director xorde tras as eleccións municipais do pasado 26 de setembro en Portugal, cando foi desbancado Fernando Nogueira, logo de que os alcaldes dos dez concellos que integran o CIM Alto Minho,  consensuaron a designación do alcalde cerveirense como Director da AECT Rio Minho e do presidente do Concello de Valença, José Manuel Carpinteira, como membro do Consello de Coordinación.

Os representantes da Deputación de Pontevedra permanecen en vigor desde setembro de 2019, concretamente o deputado da Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez como subdirector e o alcalde de Tui Enrique Cabaleiro como vogal do Consello de Coordinación. Non será ata mediados de 2022 cando se realice a rotación para outorgar a dirección á parte galega, data adiada de maneira acordada por motivo da pandemia.

Na súa primeira intervención como director da AECT Rio Minho, Rui Teixeira amosou o seu “orgullo por asumir este cargo”. Destacando a afirmación autonómica, nacional e europea das eurocidades Cerveira-Tomiño, Valença-Tui e Monção-Salvaterra, Rui Teixeira tamén abordou a importancia de “consolidar a acción da AECT Río Minho a toda a rexión estratéxica do Alto Minho e Galicia, potenciando a súa posición e dar exemplo a Portugal e España, a prol da valorización do río Miño e da rexión".

A AECT Río Minho, con sede en Valença, creouse en 2018 e abarca un total de 26 concellos: 10 da Comunidade Intermunicipal (CIM) do Alto Minho e 16 concellos galegos da provincia de Pontevedra con conexión co río Miño.

Os dous principais socios da AECT son CIM Alto Minho e Deputación de Pontevedra, que unen 10 concellos do Alto Minho, e 16 concellos da Deputación de Pontevedra, que abarcan máis de tres mil quilómetros cadrados de territorio e 375.995 habitantes.

A creación da AECT Río Minho foi impulsada polas accións da Estratexia de Cooperación Intelixente Transfronteiriza no ámbito do proxecto Smart Minho, cofinanciado polo programa INTERREG VA POCTEP.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí