Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O AECT Rio Minho participa en Bruxelas na semana europea das rexións e das cidades

O encontro, que reuniu a 9.000 expertos e expertas de todo o continente, é unha das -citas clave- da política rexional europea

O encontro, que reuniu a 9.000 expertos e expertas de todo o continente, é unha das -citas clave- da política rexional europea

Fecha: 11 de Octubre de 2019

Fuente: Câmara de Caminha

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, asistiu á decimo sétima edición da ‘European Week of Regions and Cities' que se celebrou en Bruxelas do 7 ao 10 outubro, onde estivo acompañado polo secretariado técnico do agrupamento galego-portugués Rio Minho. Segundo explicou o deputado provincial, este encontro anual "é a cita máis importante" da Política Rexional da Unión Europea.

A Semana Europea das Rexións e as Cidades é un evento que se celebra cada ano na capital europea e que ao longo de catro días ofrece ao funcionariado das administracións rexionais e locais, expertos e expertas e representantes do mundo académico a posibilidade de compartir boas prácticas e coñecemento especializado en desenvolvemento rexional e urbano sendo o maior evento público europeo deste tipo. Preto de 9.000 asistentes de todo o continente déronse cita nesta edición para participar nun programa composto por aproximadamente 100 sesións de traballo, exposicións e eventos sociais relacionados co desenvolvemento rexional e local.

O director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, e os membros do secretariado técnico e equipo técnico do proxecto Smart Minho participaron en diferentes foros e seminarios, dos que Benítez destacou a especial relevancia dun sobre plurilingüismo e cooperación cultural nas rexións transfronteirizas e outro sobre obstáculos legais no contexto da cooperación. Así mesmo mantivéronse reunións paralelas con representantes de asociacións de rexións fronterizas de Europa e representantes da DG Regio, cos que aproveitaron para presentar e explicar a Estratexia do Rio Minho 2030 e todo o proceso de elaboración da mesma.

O AECT Río Miño constituíuse formalmente o 24 de abril de 2018 e está formado pola Deputación Pontevedra e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho. A súa creación foi impulsada a través do proxecto Smart Minho, do que pasou posteriormente a formar parte como socia. Smart Minho é un proxecto de cooperación europea cofinanciado ao 75% polo Fondo de Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones