Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O AECT Río Minho reúnese coa secretaria de estado de Portugal para a valorización do interior para reforzar a vontade de aplicar o iti transfronterizo

O presidente Uxío Benítez destacou no encontro a importancia de utilizar o instrumento de xestión e garantir o aproveitamento dos fondos comunitarios

Isabel Ferreira manifestou o compromiso de colaboración co AECT Rio Minho e definiu os AECT como -instrumentos privilexiados de cooperación- na programación 2021-2027

Fecha: 13 de Enero de 2020

Fuente: AECT Río Minho

Ante o proceso de planificación estratéxica para o río Minho Transfronteiro 2030, a AECT Río Minho reuniuse coa secretaria de Estado de Valorización Interior de Portugal, Isabel Ferreira. A reunión, que tivo lugar en Vila Nova de Cerveira e contou coa presenza do director da AECT, Uxío Benítez, o subdirector e tamén alcalde de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, servíu para presentar os obxectivos e prioridades da agrupación territorial, incluída a vontade de implementar un Innvestimento Territorial Integrado (ITI) transfronteirizo no marco da política de cohesión da UE.

Repasando o camiño emprendido, a nivel de accións, actividades e proxectos, o director da AECT de Rio Minho, Uxío Benítez, subliñou que, na lóxica do desenvolvemento integrado, "é esencial que para o período 2021-2027, os territorios transfronteirizos poidan aplicar a figura do Investimento Territorial Integrado (ITI) promovendo accións artelladas no seguinte período de programación de fondos comunitarios e non limitándose só á verticalidade da aplicación da posible nova xeración do programa INTERREG".

Segundo indicou Benítez, o Investimento Territorial Integrado (ITI) é un instrumento de xestión que permitirá optimizar e integrar fondos europeos garantindo o seu máximo aproveitamento. Para a súa implementación, lembrou o presidente do AECT, é necesario contar cunha serie de requisitos que o agrupamento cumple perfectamente, xa que "ademais de contar cunha situación xeoestratéxica e un enorme potencial de desenvolvemento económico do territorio, temos un documento estratéxico e unha folla de ruta co que queremos facer de aquí ao 2030".

"A creación dunha ITI para o territorio transfronteirizo durante o próximo marco comunitario dos Fondos Europeos encaixa perfectamente co noso proxecto", insistiu Benítez, quen manifestou a importancia de que exista unha alianza estratéxica cos estados, porque estes teñen a decisión final sobre a súa aplicación, "pero tamén co resto de administracións rexionais e locais", polo que instou a todas elas a comprometerse con este proxecto "xa que aí está a clave".

Pola súa parte, a secretaria de Estado de Valoración do Interior, Isabel Ferreira, salientou a importancia que supón para o Goberno portugués a cooperación transfronteiriza, concretamente a través da creación do Ministerio de Cohesión nesta lexislatura, e manifestou a súa disposición a colaborar e apoiar a AECT Rio Minho. Asegurou que ten en conta o papel que as AECT poden xogar como instrumentos privilexiados de cooperación no proceso de programación para o próximo período de fondos comunitarios 2021-2027.

Dende a súa recente constitución, o AECT Río Minho colabora en tres proxectos cofinanciados polo Programa Interreg V A dirixidos a promover o patrimonio cultural e natural transfronteirizo; á articulación do espazo común e o aumento da cohesión institucional no seu territorio; á promoción do territorio da AECT de Rio Minho no exterior para potenciar os recursos endóxenos; e á creación e consolidación da marca turística transfronteiriza Rio Minho.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones