Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O AECT Rio Miño cualifica de -escándalo- o -caos- sufrido hoxe polas persoas traballadoras na fronteira con Portugal

O vicedirector Uxío Benítez critica que se repitan problemas loxísticos no control do paso de Tui: -Isto sobrepasa o definible-

O vicedirector Uxío Benítez critica que se repitan problemas loxísticos no control do paso de Tui: -Isto sobrepasa o definible-

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Abril de 2021

Fuente: AECT Rio Miño

O Consello de Coordinación do AECT deu onte o visto bo á moción coa que os 16 concellos e cámaras da raia pedirán compensacións

 

“O acontecido hoxe na fronteira con Portugal foi un caos e un escándalo”. Así definiu o vicedirector do AECT Río Miño, Uxío Benítez, as máís de dúas horas de espera e as colas quilométricas –ata Guillarei- que tiveron que sufrir as persoas traballadoras para pasar o control do paso de Tui a Portugal na mañá de hoxe.

 

Benítez destacou que é inasumible que despois de meses coas fronteiras pechadas se volvan repertir problemas loxísticos nos puntos de control fronteirizo “igual que se estiveramos no primeiro día do confinamento, sen ter coñecemento e medios para os problemas de saturación”. “Isto sobrepasa o definible e ten que haber solucións e compensacións aseguradas”, subliñou.

 

O vicedirector do AECT insiste en que chove sobre mollado unha vez máis, e que a situación vivida hoxe vén “quentar máis o ambiente” tras o anuncio hai uns días de que a fronteira vai estar pechada outros 15 días máis.

 

Explicou, de feito, que foron centos de persoas afectadas as que se puxeron en contacto co Agrupamento e cos concellos fronteirizos para, unha vez máis, deixar constancia do seu enfado pola situación e o dano económico e social que está a causar o feche da fronteira no Miño, agora máis aínda cando se está a reabrir e a reactivar a economía en todas e cada unha das localidades tanto galegas como lusas.

 

Antes de coñecer a situación acontecida hoxe, na tarde de onte luns o Consello de Coordinación do AECT Río Miño aprobou o texto da moción que aprobarán en Pleno os 16 concellos e cámaras da raia sobre a situación da fronteira.

 

Nestas mocións os gobernos locais insisten na conclusión do estudo do impacto socioeconómico encargado polo AECT Rio Miño á  Universidade de Vigo, que é que o primeiro confinamento e o peche da fronteira entre Pontevedra e Portugal na primeira vaga da pandemia, entre o 17 de marzo e o 30 de xuño de 2020, provocou unha caída do Produto Interior Bruto de máis de oitenta millóns de euros nos 26 concellos do territorio transfronteirizo do Miño. Subliñan que a caída derivada do efecto fronteira no comercio foi dun 14,18% sobre o efecto do confinamento, e na hostalaría e restauración foi dun 16,53%.O prexuízo económico do actual peche será aínda moito maior.

 

Ante isto, as corporacións pedirán ás autoridades estatais, rexionais e autonómicas dos estados español e portugués medidas de compensación polo prexuízo económico, impulsando medidas dirixidas especificamente á recuperación socio económica da fronteira do rio Miño procedentes do Plan europeo de recuperación Pos-COVID (NEXT EU), así como do Marco Financeiro Europeo 2021-2027.

 

Tamén esixirán a integración inmediata dos traballadores transfronteirizos como beneficiarios dos mecanismos socioeconómicos aprobados polos gobernos de Portugal e España para afrontar o impacto da pandemia causada polo COVID-19 e que as empresas prexudicadas polos peches fronteirizos sexan igualmente elixibles nos seus propios mecanismos de recuperación.

 

Reclamarán, así mesmo, diante dos gobernos de Portugal e España, así como diante do Goberno galego a creación da tarxeta cidadá transfronteiriza que poida ser esencial para a convivencia social e para a economía destas rexións fronteirizas, e esixirán a posta en marcha dun Investimento Territorial Integrado de carácter Transfronteirizo (ITI) concertada entre ambos países e dotada financeiramente con cargo a fondos europeos.

 

Estes acordos nos concellos e cámaras serán trasladados aos presidentes dos gobernos portugués e español, presidente da Xunta de Galicia e da Comissao de Coordenaçao e Desenvolvimento Rexional do Norte, comisaria europea  de cohesión, presidenta da Comisión Europea, presidente do Comité das Rexións,  Grupos parlamentarios europeos, do Congreso e Senado español e da Assembleia da República Portuguesa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí