Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O AECT Rio Miño visita o municipio portugués de Águeda para coñecer o seu sistema de aluguer de bicicletas eléctricas

O agrupamento europeo valora implementar un equipamento similar no territorio do Río Miño Transfronteirizo que fomente a mobilidade alternativa

O agrupamento europeo valora implementar un equipamento similar no territorio do Río Miño Transfronteirizo que fomente a mobilidade alternativa

Fecha: 13 de Agosto de 2019

Fuente: AECT Río Minho

O secretariado técnico do AECT Rio Minho desprazouse ata o municipio portugués de Águeda para coñecer sobre o terreo o proxecto de mobilidade sostible desenvolto pola cámara lusa, unha das pioneiras na instalación de bicicletas de aluguer eléctricas. Con esta visita, e a anterior realizada a Puebla de Sanabria (Zamora) o pasado mes de maio, o equipo do AECT Rio Miño está a estudar a xestión e o impacto deste tipo de iniciativas, con vistas á súa implementación no territorio do Río Miño Transfronteirizo, a través do proxecto Smart Minho.

Precisamente, unha das accións recollidas dentro do proxecto de cooperación institucional, Smart Minho (cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), do que son socios a Deputación de Pontevedra, o CIM Alto Minho, o AECT Rio Minho e a Fundación CEER, é a posta en marcha de experiencias de mobilidade suave entre ambas beiras do río, de cara a incrementar a mobilidade local transfronteiriza, especialmente a alternativa.

Por outra banda, tamén a través de Smart Minho, estase a traballar nun Plan de Mobilidade Sustentable para o Río Miño Transfronteirizo que favoreza os desprazamentos de persoas e vehículos na fronteira galego portuguesa, prestando especial atención aos fluxos entre os polos urbanos das eurocidades, nos que se concentran máis de 100.000 habitantes. Durante estes meses púxose en marcha unha enquisa de participación cidadá e celebráronse varios encontros con axentes sociais. En setembro, o AECT manterá ademais sesións de traballo con alcaldías e sectores da mobilidade coa participación de expertos e expertas europeos neste asunto.

Así mesmo, o AECT Rio Minho, está a desenvolver o proxecto Boosting Minho River Cross-Border Mobility, financiado pola iniciativa europea B-Solutions, para a análise dos problemas de índole legal e administrativa que afectan á mobilidade transfronteiriza no ámbito do Río Miño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones