Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Lanzo da Cruz consolídase como festa da fronteira

A romería, única en Galicia, conserva a antiga tradición dos lances de cruz nos que o párroco bendice aos barqueiros para que teñan boa pesca.

O encontro dos párrocos no río representa os fortes lazos de amizade entre ambas marxes.

Fecha: 27 de Abril de 2019

Fuente: Natalia Jorge

O pasado luns 22 de abril a parroquia de Sobrada (Tomiño- Galicia) e a freguesía de Cristelo Côvo (Valença do Minho- Portugal) celebraron o tradicional encontro do "Lanzo da Cruz". Unha cita que ten acadado unha dimensión exterior destacada e espertado o interese da comunidade científica polo seu valor antropolóxico.

O Lanzo da Cruz é unha cita co río Miño compartida polas dúas comunidades da ribeira. Festexan a importancia do Miño nestas comunidades reproducindo o antigo ritual dos lances de cruz. Os lances son un ritual no que o párroco bendice aos barqueiros e as súas redes para que teñan boa pesca e o Miño "non cobre o seu foro" (o foro entendido como a morte). A cambio, os barqueiros ofrécenlle ao párroco a primeira lamprea do lance.

Os lances de cruz é unha práctica que se viña realizando dende hai varios séculos ao longo do último treito do río Miño e que na actualidade só se celebra na parroquia de Sobrada e na freguesía de Cristelo Côvo. Ambas marxes, comparten tradición e celebran os vellos rituais como antano, no luns de Pascoa. Unha cita que festexa o ancestral mundo dos pescadores no que o relixioso e o pagano van collidos da man.
 
É o Lanzo da Cruz unha cita transfronteiriza na que ademáis do tradicional lance, os poboacións de ambas marxe cruzan ao río festexando a amizade que as une, facendo deste encontro unha festa da fronteira. O párroco galego en procesión polo río, visita a marxe portuguesa onde dá a bicar a cruz. E o párroco portugués fai o mesmo na marxe galega.

A simbiose dos elementos históricos coa modernidade, fan desta romería un acto singular e que representa a excepcionalidade da fronteira baixomiñota. Unha cita única que reúne todos os anos a veciñanza de ambas marxe e a turistas que non queren perderse unha data senlleira.

A tradicional romería, un ano máis, contou coa numerosa asistencia dos veciños e veciñas de ambas marxes que pese a choiva non quixeron faltar a unha data tan sinalada no calendario local.

A romería, ademáis, foi amenizada polo grupos musicais Treboeiros da Muimenta, Os Chucos e a charanga A Tu ritmo. E contou co habitual desfile de tractores e chimpíns dende o cruce dos Escampados até o río a onde se desprazaron os veciños e veciñas.

Xa a noite, a romería tocou o seu fin no Cruce dos Escampados onde a Asociación Lanzo da Cruz, a organizadora do evento, convidou aos veciños e veciñas a unha chouriza dando por rematado o Lanzo da Cruz 2019.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones