Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ministro de Administración Territorial de Guinea Bissau, visita Tomiño para coñecer iniciativas de desenvolvemento local e cooperación

Unha delegación do país africano visitou hoxe o Concello e o Mercado Municipal, dentro das actividades organizadas polo Fondo Galego de Cooperación, do que o Concello é socio desde hai varios anos

Unha delegación do país africano visitou hoxe o Concello e o Mercado Municipal, dentro das actividades organizadas polo Fondo Galego de Cooperación, do que o Concello é socio desde hai varios anos

Fecha: 02 de Junio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O ministro da Administración Territorial da República de Guinea-Bissau, visitou Tomiño, dentro do programa de actividades que leva a cabo o Fondo Galego de Cooperación (FGC), do que é socio o Concello de Tomiño desde hai varios anos.

Acompañado por varias autoridades do seu goberno, o ministro asistiu onte en Compostela ás xornadas "Os retos da cooperación municipalista na consecución dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible)", organizadas polo FGC, co fin de analizar o papel chave no cumprimento das metas fixadas pola ONU co fin de erradicar a pobreza e as desigualdades no horizonte de 2030.

O Concello de Tomiño ofreceuse hoxe ante o Fondo Galego de Cooperación e a delegación ministerial de Guinea Bissau, a acoller técnicos deste país e de outros asociados, que queiran aproveitar as experiencias en desenvolvemento local nas que traballa o municipio.

O ofrecemento fíxoo a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, durante a recepción oficial brindada esta mañá á delegación africana.
Nun primeiro momento, o goberno recibiu aos visitantes no salón de plenos, onde a alcaldesa aproveitou para darlles a benvida e comentarlles as características do concello, as bases da súa economía, a estreita relación con Portugal e as políticas de cooperación transfronteirizas con Vila Nova de Cerveira.

Pola súa banda, o ministro Sola Naquilin Nabitchita, agradeceu a boa acollida, e lembrou a finalidade principal da visita: lograr apoios, obter información e formación en relación ás iniciativas de desenvolvemento local impulsadas desde o ámbito municipal, para logo tentar aplicalas no seu país. Segundo precisou o rexedor guineano, "o Fondo Galego de Cooperación pode ser a punta de lanza para un intercambio fluído entre pobos galegos e africanos".

Tras asinar no libro de honra do Concello e recibir un agasallo típico galego, a delegación foi conducida ao mercado municipal, onde puido visitar os distintos postos e falar cos praceiros e praceiras.
A visita finalizou co convite a un pequeno almorzo, no propio mercado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones