Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza, moi ben acollido polo Goberno Luso

Os concellos de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño conseguiron colocar na axenda de entidades gobernamentais e outras con competencias na materia, de Portugal e España, un proxecto singular de dous parques

Os concellos de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño conseguiron colocar na axenda de entidades gobernamentais e outras con competencias na materia, de Portugal e España, un proxecto singular de dous parques

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O alcalde de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito Nogueira, deu a coñecer o proxecto do futuro parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza á Secretaria de Estado do Ordenamento do Territorio e da Conservación da Natureza, Drª. Célia Ramos, nunha reunión celebrada en Lisboa, con moi boa acollida por parte da directiva lusa.

Con este encontro, o alcalde cerveirense procurou sensibilizar unha instancia máis, o Goberno Portugués, para o traballo que se ven desenvolvendo no ámbito da cooperación transfronteiriza Cerveira-Tomiño, de forma a recoller apoio para o desenvolvemento do proxecto.

Fernando Nogueira subliña que o futuro parque transfronteirizo ten sido moi ben acollido polas entidades dos dous lados da fronteira até o de agora, e a reunión coa Secretaria de Estado do Ordenamento do Territorio e da Conservación da Natureza, constitúe un paso firme na concreción deste desafío. "A Drª. Célia Ramos manifestou boa recetividade, apuntando o carácter de certo proxecto de fronteira e que merecía o seu apoio, e deu incluso algunhas suxestións no sentido de enriquecer o proxecto", informou o alcalde.

Os concellos de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño conseguiron colocar na axenda de entidades gobernamentais e outras con competencias na materia, de Portugal e España, un proxecto singular de dous parques, localizados fronte a fronte, que se complementan, e que poderán transformarse nun único espazo natural a través dunha travessia peonil sobre o río Miño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí