Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O territorio transfronteirizo do Río Miño contará cunha marca propia

O deputado provincial e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez, destaca a importancia de contar cun distintivo para todo o territorio común do río

A marca, que abrangue 36 concellos galegos e portugueses, dará visibilidade e promoción á riqueza natural, cultural e gastronómica

Fecha: 04 de Septiembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Os 36 concellos do sur de Galiza e norte de Portugal que comprenden o territorio do Río Miño Transfronteirizo contarán cun distintivo propio, a marca Río Miño, segundo informou o deputado provincial e director da AECT Rio Minho, Uxío Benítez. A creación desta marca servirá "para aumentar a visibilidade da ampla oferta transfronteiriza que existe no territorio, e que se caracteriza pola súa variedade e calidade, favorecendo a chegada de turismo durante todo o ano, reforzando o sentimento de identidade sen fronteiras e poñendo en valor este territorio como un dos activos turísticos máis destacados do sur de Galicia e Norte de Portugal", engadiu o deputado.

Segundo explicou Benítez, a marca Río Miño recollerá así mesmo outras submarcas para diferentes produtos relevantes da zona como poden ser a gastronomía, os viños, o patrimonio cultural e natural, ou as rutas de sendeirismo de ambas beiras do río. Agárdase que o deseño da marca estea listo a principios de 2019, cando se presentará publicamente.

A creación da marca Río Miño enmárcase dentro da actividade 1 do proxecto de cooperación europea Visit Río Miño, do que forman parte a Deputación de Pontevedra, o CIM Alto Minho, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais, o Centro Tecnolóxico do Mar, a Universidade de Vigo e as cámaras municipais do norte de Portugal. O seu obxectivo é o de preservar e promover o territorio do río Miño Transfronteirizo. O proxecto conta cun 75% de financiamento de fondos FEDER, e desenvólvese baixo a coordinación da AECT Río Miño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones