Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño presenta en FITUR o primeiro reino medieval de Europa

O xeodestino aposta pola historia e a riqueza patrimonial no seu primeiro produto turístico, unha ruta artellada a través de diferentes etapas dende os primeiros poboadores ata os nosos días

O xeodestino aposta pola historia e a riqueza patrimonial no seu primeiro produto turístico, unha ruta artellada a través de diferentes etapas dende os primeiros poboadores ata os nosos días

Fecha: 23 de Enero de 2020

Fuente: Eu Rural

Posta de longo por todo o alto en FITUR do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. A Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e alcaldes, alcaldesas e outros representantes dos 14 concellos que abrangue este xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) presentaron este mércores en Madrid o primeiro produto do xeodestino: unha ruta turística polo primeiro reino medieval de Europa. Trátase dun percorrido artellado a través de diferentes etapas, dende os primeiros poboadores que deixaron o seu selo nas pedras ata os nosos días. "Buscamos impulsar a creación de produto que evidencie a importancia do rol desempeñado polo noso xeodestino na historia de Galicia, un produto sostible, singular, perdurable e diferente", sinalou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, durante a presentación.

Esta ruta ten un marcado enfoque vertebrador do xeodestino: que o turista se mova por todo o territorio de Ría de Vigo e Baixo Miño. "Persoas que durman en Tui terán escusas para visitar San Simón e as que fagan noite en Baiona seguro que poderán achegarse ao Baixo Miño", destacou Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, quen recalcou que "queremos ofrecer ao turista elementos perdurables e que nos identifiquen. Na actualidade, as persoas son moi activas percorrendo un destino e compartindo a súa experiencia nun mundo cada vez máis dixital. A nosa proposta é que esa experiencia, eses recordos, sexan gardados para a posteridade".

Para conseguilo, o Xeodestino xa ten a disposición do público dous elementos promocionais singulares. Por un lado, unha postal sonora, unha postal para enviar por correo coa imaxe aérea de Tui e cunha pisa de audio engadida que se poderá escoitar nun tocadiscos ou a través dun código QR. Nesta postal soa músicade Frai Rosendo Salvado, emblemático misioneiro de Tui que levou a Galicia ás Antípodas, interpretada pola prestixiosa pianista tudense Andrea González. Haberá unha postal por cada un dos 14 concellos do xeodestino.

Ademais, o público poderá ter información deste primeiro destino turístico grazas a un mapa do xeodestino, ideado como un mapa ou folleto coleccionable que asegure a súa perdurabilidade. Este primeiro mapa conta cas ilustracións da artista plástica María Meijide, que recolle un percorrido pola historia do xeodestio a través de catro etapas diferenciadas: antiguidade, medievo, idade moderna e idade contemporánea.

Plans de futuro
O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño conta cunha folla de ruta para os vindeiros 5 anos centrada en 10 liñas de traballo a través das que xerar produto, "10 apostas que non deben de ser compartimentos estancos, senón que aparecerán nexos comúns e se buscarán sinerxías", como explicou durante a presentación a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. "Galicia destaca polo seu patrimonio, a súa historia, a súa cultura, pero tamén pola súa paisaxe e recursos naturais, pola súa gastronomía e, como non, unha xoia: o Camiño de Santiago", recordou ao tempo que destacaba outros elementos que favorecen a singularidade do territorio, como a pedra, a fronteira con Portugal, a auga, a práctica deportiva, as festas ou ofrecer un destino turístico tradicional e contrastado para familias en período estival. "E é que a ampla variedade de recursos que conviven na Ría de Vigo e Baixo Miño facilitan artellar o produto turístico, iniciativas que buscarán levar á excelencia a experiencia turística das persoas que nos visitan", concluíu.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones